José Freire
Sánchez Fornet
ÿ posible que a algún dos lectores non lle diga nada este nome. Máis coido que, a opinión pública en xeral e os que formamos parte dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado en particular, sabemos a quen nos estamos a referir cando vemos ou escoitamos ese nome: ao que foi durante 21 anos Secretario Xeral do Sindicato Unificado de Policía, a Organización maioritaria no seo do Corpo Nacional de Policía.
A algúns lle virán á memoria as súas comparecencias nos medios de comunicación nas que amosaba, unha e outra vez, o seu compromiso inquebrantable de velar pola superación persoal e profesional de tódolos que formamos parte da Organización Policial, sen esquecer a defensa dos dereitos e as liberdades dos cidadás e a súa seguridade. Moitos aínda lembrarán a repercusión que tivo a entrega, aos medios de comunicación, do famoso informe sobre os "trapicheos" da familia Puyol, por cuxo feito foi sancionado con 45 días de emprego e salario, por decisión do peor Director Xeral da Policía do período democrático, Ignacio Cosidó.
O pasado día 27 de xuño, co gallo do X Congreso Nacional do S.U.P., por vontade propia, deixou a Secretaría Xeral, pasando a un segundo nivel na Organización.
Os que o coñecemos ben sabemos que amosou sempre unha capacidade de traballo, unha honradez e unha competencia fora de toda dúbida, que loitou por facer do Sindicato Unificado de Policía unha organización independente, democrática e pluralista, onde a única diferenza se marcaba entre decentes e corruptos.
Sería inxusto non recoñecela súa longa traxectoria sindical e darlle as grazas por todo o que traballou por este Sindicato, ao que levou á plenitude da súa madureza e súa consolidación como primeira forza sindical na policía, a súa independencia e a ser unha organización de referencia na vida pública española.
Dialogou coa Administración e conseguiu asinar acordos moi importantes para o colectivo. Foi sempre, polo menos ata agora, respectado por tódolos Ministros do Interior, aos que criticou duramente cando as súas decisións non respectaban os dereitos dos policías e, en consecuencia, actuado contundentemente.
Foi un exemplo de traballo e sacrificio para todos, mesmo en momentos familiares moi delicados. Asemade de defensor dos intereses socio-profesionais dos traballadores da seguridade pública, caracterizouse pola loita incansable contra o terrorismo, do que foi vítima potencial (apareceu como obxectivo en varios papeis da banda terrorista ETA), a corrupción ou a práctica de torturas, cuestións que non tivo o máis mínimo reparo en denunciar reiteradamente, o que lle valeu ser obxecto de mais de 40 denuncias, querelas e expedientes disciplinarios.
Dun comportamento ético e moral exemplar. Ao contrario que algúns representantes doutras organizacións sindicais policiais, que se aproveitaron da súa condición para ascender ou ir a unha embaixada, non permitiu que a súa vida persoal se beneficiase da posición que acadou na traxectoria sindical e na relación co poder.
Pero se en algo se definiu foi como un defensor das liberdades democráticas e a libre acción sindical, así como dos dereitos dos cidadáns contra calquera tipo de atropelo ou discriminación por raza, cor, sexo, ideoloxía política ou relixiosa. Un demócrata activo, con valores e principios moi asentados.
Coido que este é o sentir da inmensa maioría dos afiliados ao S.U.P., e así se amosou no Congreso. Máis teño que recoñecer que non estarán de acordo con estas reflexións: os nostálxicos de épocas pasadas, os "abrazafarolas", os "meaperros", os "pelotas", os "correveidiles" ou os "amarelos".
ÿ lóxico. ¿Cómo van estalo se as súas pautas de comportamento son totalmente distintas as amosadas por Sánchez Fornet?.
Que non se trabuquen: aínda que deixara de ser Secretario Xeral, a súa pegada calou de tal xeito que xa forma parte dos principios básicos de actuación do Sindicato maioritario da Policía.
Dícía Bertolt Brecht: "Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos e son moi bos. Pero hainos que loitan toda a vida. Eses son os imprescindibles. Fornet é desas persoas que non deberían ter final.
21.07.2013