Tribuna Viva
Agresión ao petroglifo do Outeiro do Cribo, en Meis
Dende a asociación Umia Vivo lamentamos a agresión perpetrada o petróglifo do Outeiro do Cribo e poñemos de manifesto como asi llo fixemos constar a Delegada Territorial da Consellería de Cultura en entrevista mantida o pasado dia 28 a deixación e falta de medidas para o coidado do patrimonio arqueolóxico a pesares das denuncias de persoas e entidades como UMIA VIVO
Polo que se refire o concello de Meis lembrar que como asociación Umia Vivo presentamos reclamacións o orzamento de 2019 e o orzamento de 2020 pedindo consignación para o coidado mais urxente do patrimonio arqueolóxico, como é o desbroce e sinalización dos petróglifos, que contou co rechazo unanime dos tres partidos da corporación PSOE, PP e BNG no pleno celebrado o 31.01.2020
Consideramos que a anuncio de medidas da autoridade municipal pasados medio ano dende o rechazo da iniciativa de UMIA VIVO non deixa de ser un intento de aparentar quedar ben despois de descalificar o presidente de Umia Vivo de desleal por mostrar unha lexitima preocupación polo patrimonio. Mostramos a nosa desconfianza frente as manifestacións da alcaldesa que tan so propon colocar unha pasarela no outeiro do cribo cando o que consideramos urxente e prioritario o desbroce da biomasa e sinalización do outeiro do cribo e dos alomenos 48 elementos do patrimonio arqueolóxico catalogados de Meis.
Do mesmo xeito que consideramos rexeitable calquer actuación de agresión a elementos do patrimonio cutural advertimos que Xunta de Galicia e concello de Meis incumplen coas competencias e obrigas no coidado do patrimonio mais vulnerable atentando contra o dereito humano o patrimonio polo que exercendo a obriga que nos impon a lei reiteramos como cidadadans e colectivo a denuncia publica da situación de risco continuado a que someten o patrimonio cultural a inactividade das administracións con competencia na materia e que cualificamos de destruccion intencional do patrimonio cultural.
Ponse de manifesto a gravidade da situación polo que a sociedade deberá esixir responsabilidades polo incumprimento da legalidade e os tratados internacionais así como os danos que se lle poidan causar o patrimonio arqueolóxico.