Xesús López Fernández
O Estado de dereito, cuestionado
Se os recheos da Autoridade Portuaria foron sentenciados polo TS fundamentalmente por falta de Estudio de Impacto Ambiental; se o TSX de Galicia ordeaba o seu levantamento no prazo de vinte días o pasado mes de marzo, non se entende agora este balbordo triunfalista polo simple feito de que a Consellería de Medio Ambiente aprobe o Plan Especial Portuario.
Parece que de novo andamos de coña co Estado de dereito, aquí defendido por colectivos cidadáns, non polos partidos políticos. E a Consellería afirma que o PEP ordea urbanísticamente a superficie da rada, incluído-los recheos ilegales e permite aprobare seis licencias pendentes de seren adxudicadas. ¿Pero qué coño está pasando, qué loucura é ésa que, co contubernio dos partidos da gobernanza política, queren acabare coa nosa mar?
Gonvarri é hoxe unha das empresas que operan nesa superficie roubada á ría, espacio finito. A empresa, que operaba en Barcelona, a consecuencia da visita dunha parella do Seprona que descobreu que vertían zinc e cadmio, tivo que cambiar de domicilio. Informado o Fiscal, incoaríase o procedemento que, en pouco tempo, representou a fin da actividade contaminante naquelas augas. E a partir dese momento, presuntamente, Gonvarri buscaría por aquí solar. Din incluso que quixo establecerse na zona de Bouzas pra traballare alí como empresa auxiliar de Citröen, electrocincando chapa. Pero alí non foi posible o debut, que incluso, tamén presuntamente, lle recomendaron que buscaran en Pontevedra. E aquí están. ¿En Marín, en Pontevedra, quén foi o que firmou a licencia de primeira ocupación? Eso debe ser fácilmente comprobable.
Sería bo saber de qué vai o texto da Consellería, que ó parecer contén unha Memoria Ambiental aprobada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental como tamén un falaz informe de Sustentabilidade Económica. ¿Cómo? ¿Matan un espacio ecolóxico i económicamente rico e falan de sustentabilidade no canto de executaren as sentencias firmes dictadas e siguen coa presunta chantaxe ó Estado de dereito que aquí sí pode comproba-lo señor Rajoy? ¿Por qué non fan un estudio real do lucro cesante que pra esta ría veu representare o asentamente de industrias de miseria ambiental, a ruína aplaudida por tantísimo político xangal erixido en protagonista desta mala hora?
Oposto o TSX de Galicia a esta aprobación, agora terá de ser de novo o TS o que sentencie o que xa estaba sentenciado firmemente. E os promotores desta ruína ambiental argumentan no sentido de que a sentencia do TSX que ordeaba o levantamento dos recheos, da burla alí depositada, debe considerarse comprida. Se a Autoridade Portuaria, na súa presunta e permanente burla ó Estado de dereito consideraba a sentencia como de difícil execución, eso non deixa de ser unha parvada. O que faltan son políticos comprometidos co medio ambiente e que non fagan o número da cabra ó dictado dos clústers. E qué forza teñen os condenados, como pra deixare o papel do Estado de dereito en presunta caricatura!
22.07.2013