Marta Rodríguez Engroba
Os dereitos das mulleres. Exercelos ás agochadas non é unha opción
Unha noticia nun xornal chamou, hai unhos días, a miña atención.
Anunciaba a apertura, nun municipio de Lugo, dun ximnasio creado e rexentado por unha muller e dirixido exclusivamente a mulleres.
Sei que isto non é nada novo, que hai moito tempo que existen este tipo de centros creados exclusivamente para o público feminino, polo que o feito en si mesmo non espertou a miña sorpresa.
O que o fixo, e poderosamente ademais, foron as razóns que a propietaria argumentou ao respecto.
A primeira delas, a vista do que alegou despois, a cualificaría case como de anecdótica, xa que falaba de que moitas mulleres se sinten cohibidas nun espazo compartido con homes e vestindo roupa axustada, non sendo quen de desconectar por sentirse observadas.
Non lle quito importancia, desde logo, porque considero que é moi serio que, ainda a día de hoxe, en pleno século XXI, os complexos polo noso físico nos poidan condicionar ata o punto de sentir vergoña do noso corpo, do noso aspecto, principalmente se os nosos compañeiros son do sexo masculino.
Que se nos siga cosificando ás mulleres de tal xeito que nos sintamos obrigadas a lucir sempre estupendas e cun tipo perfecto que nin un so gramo de grasa pode deslucir, é, como mínimo, preocupante, ademais da mostra de que non avanzamos tanto como se nos quere facer crer.
Seguimos, ademais, según isto, dando por sentado que os homes non teñen complexos, algo totalmente falso, e que son os xuices que deciden se os nosos corpos son ou non aceptables, algo que tampouco é de todo certo, porque, por máis que se negue, non son poucas as veces que, entre mulleres, as críticas sobre o físico doutras circulan a discreción, así como do seu xeito de arreglarse ou de vestirse.
Se Fulanita está gorda ou Menganita non se depilou non son comentarios difíciles de escoitar entre mulleres, nun ximnasio, na cafetería ou mesmo entre os círculos de "amigas", non sendo, polo tanto, de todo xusto culpar exclusivamente aos homes.
Certo é que istos centros naceron inicialmente coa intención de evitar conductas de acoso hacia as mulleres, pero, en calquera caso, penso que a solución non é recurrir a separarnos por sexos, se non que ninguén consinta este tipo de conductas e traballar para erradicalas.
Que unha muller acuda a un ximnasio e non consiga relaxarse e disfrutar por estar pendiente de se alguén, e máis se é un home, a esta observando, fai que me reafirme en que estamos a vivir unha falsa sensación de liberación e que a igualdade da que tanto falamos ainda nos queda a anos luz.
Eu, as mulleres que se sinten así, faríalles unha pregunta.
Credes que os homes, por moi "machoman" que semellen ser, por moitos biceps e músculos que algúns exhiban, e por moi "sobrados" que se comporten en ocasións, non teñen inseguridades coma nos, as mulleres, que non teñen complexos?
Por suposto que si!. Outra cousa é que esa cultura machista tan arraigada coa que ainda convivimos lles impida exteriorizala e os leve a disfrazala de certa "chulería". No fondo, non somos tan diferentes.
En definitiva, todos, homes e mulleres, somos persoas e, porén, iguais.
Pero o que me provocou auténticos arrepíos foi a segunda razón que esta empresaria alegou para crear un ximnasio exclusivamente feminino, que é, e cito textualmente, "Hai algunha as que, a nivel familiar, lles supón un problema ir a un espazo deportivo compartido con homes".
Sinxelamente terrible.
Con estas verbas, describiu, nin máis nin menos, un dos primeiros chanzos da violencia de xénero.
É absolutamente tremendo que a túa parella che prohíba acudir a facer deporte ou a realizar calquera outra actividade donde hai homes.
Eso ten un nome:Violencia de xénero, e, desde logo, a solución non pasa por recluirnos as mulleres nun espazo específico para nos no que se "preserve" a nosa "virtude".
Se unha muller se atopa con esta situación, o mellor que podería facer e sair correndo o máis rápidamente posible e afastarse dese "gardián" da sua honra, porque o peor acabará por chegar máis cedo que tarde.
É tremendo que unha muller, para algo tan sinxelo como acudir a un ximnasio, teña que garantirlle a súa parella que tan so haberá mulleres nel, como tremendo me parece tamén que se poida pensar que a solución radica en crear unha especie de moderno "gineceo" no que ningún home poderá entrar.
Desgraciadamente, as mulleres que se atopan nesta situación aceptarán sen reservas esa "segregación", como mulleres "decentes" que son, e aqueles que llas impoñen contarán ademais, con toda probabilidade, co beneplácito do resto da "tribo", e dicir, da familia, algo isto moi frecuente sobre todo no eido rural.
Di a propietaria do ximnasio, ademais, que, antes de decidirse a emprender o seu proxecto, fixo un estudo da zona e que se atopou con que o perfil de muller que predomina no pobo é o de muller dura e sacrificada, que precisa intimidade e deshinibirse.
Vamos, dito doutro xeito, sumisa e cunha gran carga de traballo, sen espazo para o lecer na súa vida, as ordes non soamente da parella, se non con frecuencia tamén da familia, e, claro, a mellor oferta que se lles pode facer, según ela, é un espazo no que os homes non teñan cabida.
De feito, afirma, e de novo cito textualmente, "Se queres desconectar e estar deshinibida e cómoda necesitas un centro deportivo feminino".
Ahí é nada!.
Eu entendo que a súa prioridade é, evidentemente, facer negocio, pero, con todo o meu respecto, as mulleres, o feminismo, pouco temos que agradecerlle, por máis que estou segura de que moitas das súas clientas o considerarán un gran avance.
Eu considero que iniciativas así, en lugar de axudarnos as mulleres a acadar os nosos dereitos, o que nos fan dar , como dí a canción, "Un pasito palante, María, un pasito patrás!".
Insisto en que entendo a súa política empresarial, pero, obviamente, non a comparto, porque penso que non axuda en absoluto a avanzar nunha loita que xa é difícil abondo, por mor da cal numerosas mulleres, ao longo dos anos, deixaron moitas cousas no camiño.
As mulleres queremos exercer os nosos dereitos, si, pero abertamente, con liberdade.
Facelo as agochadas, ademais de ser unha gran mentira, non é, nin de lonxe, unha opción.
Asociación Si, hai saída