Cada vez que un macho ibérico trata de sentar cátedra sobre a prostitución lévanos a un terreo que se presume separado do xénero e cheo de liberdades. Liberdades. Si, liberdade ou voluntariedade. Non vos resulta incrible? Liberdade para someterte ás ordes dun proxeneta e que este controle a túa actividade sexual. Liberdade para que ese mesmo proxeneta (considerado un delincuente polo mesmísmo Código Penal) che obrigue a facer unha felación a un home sen respetar a túa liberdade sexual. Liberdade para que te obriguen a foder sin preservativo. Liberdade para que un puteiro te agreda. Liberdade para que te teñan reclusa nun prostíbulo en condicións inhumanas, insalubres, con horarios infumables e expostas a sustancias tóxicas…
Esas liberdades son ás que se apelan? Niso se basan para calificar á prostitución como "traballo sexual"? Despois de ter investigado no ámbito das relacións laborais a prostitución para a elaboración do meu traballo de fin de grao, a conclusión é clara e concisa: A prostitución non pode ser un traballo porque vulnera dereitos fundamentais, porque a nosa tradicción xurídica entende que o corpo humano non pode ser obxecto de ningún contrato ou negocio xurídico e, na mesma medida en que a escravitude resulta un trato denigrante e unha vulneración de dereitos fundamentais para as persoas escravizadas, a prostiutución resulta un trato denigrante e unha violación continuada dos dereitos fundamentais das mulleres prostituídas. Na exposición do meu traballo expúxenme a preguntas do tipo: Se a prostitución é o traballo mais antigo do mundo por algo será? e as que o exercen libremente porque non poden ter dereitos? e os homes prostituídos que ? ….
A resposta a estas preguntas da para algo máis que para un artigo de opinión, pero que opinaríamos se cambiasemos a palabra prostitución por escravitude, tal que así: " Se a escravitude é o traballo máis antigo do mundo por algo será? e os ecravos que se someten á escravitude libremente que…." non fai falta seguir. Os argumentos caen polo seu propio peso e coas arrepiantes cifras que nos indican que o 80% das mulleres que exercen a prostitución o fan contra a súa propia vontade. Que o 90% das persoas que se adican á prostiución son mulleres só ten unha lectura: A prostitución é unha cuestión de xénero. A prostitución é unha cuestión de xénero que urxe abordar. Os prostíbulos, como a Vicepresidenta Carmen Calvo dixo no seu dia son "guantánamos de cercanías" ou como moi ben retrata Amelia Tiganus "campos de concentración para mujeres pobres". Só hai un camiño: a abolición.
Javier Carballo de Jesus