Gonzalo Sancho
Rexistro de ocupación
Os Rexistros da Propiedade son organismos públicos dependentes do Ministerio de Xustiza. Como ben indica seu nome serven, entre outras cousas, para que o propietario poida ter acción contra o titular ou posuidor do predio para reivindicalo demostrando o seu dominio.
Si se trata dunha casa que non está habitada e se te meten os okupas, o título de propiedade sigue tendo valor; pero si decides ir a pasar uns días de recollemento e tranquilidade estás apañado. Terás que interpoñer denuncia e esperar a que a autoridade legal resolva. Mentras, como dixo César Antonio Molina nunha conferencia que dou aquí e Pontevedra: "Si buscas Paz entra nunha iglesia, mellor cando non haxa culto. Séntate. Sentirás a Paz".
Outra cousa distinta que non vai derivar este artigo é aquelas persoas que tendo vivenda digna, teñen ademáis 30 pisos ou máis. Os aspectos tributarios e catastráis sobre esta situación deberían tratarse con lupa de sete estralos. Diga o que diga a Constitución; cómo van a comprar piso ou alugar a xente nova, con tanta especulación?. Ahí queda o debate.
Temos unha propiedade rústica nunha parroquia de Pontevedra que ten viñas de uva catalán (voulle dar eu pistas da ubicación aos okupas...). Alí boto e planto cousas de pouco valor (sempre pensando nos okupas). Linda con nós a propiedade dunha cuñada que dispón de casa con finca.
Eu uso esta casa para mudarme e gardar algunha ferramenta (pouca cousa) o legón e o angazo durmen fóra. Non hai temor. Miña cuñada nunca me redactóu papel nin documento algún para que eu faga uso da casa. Non chocamos as mans, nin falta que fixo. Ofenderíalle que tivera que pedirllo. Tampouco precisará da Xustiza para que eu deixe a casa cando sea preciso.
Coa mesma placidez que se entra e sae dos templos; así ei de facelo. Agora mesmo son eu quen ocupa a casa da miña cuñada. Pero, si en certo momento entran os okupas, que pasaría?. Confeso que eu non pernocto alí. Pero vou alí todos os días. Vamos mantendo aquello para que non se convirta nun pardiñeiro. Abro, pecho, ventilo, repoño algunha tella. Trato cas hedras deixen de gabear polas paredes semellando un pazo señorial. Non é o caso. O caso é si entran os okupas.
Eu son dos de César Antonio Molina, preconizo a paz. Non vou a andar cos okupas a paus. O que está a pasar coa okupación agora mesmo ven a ser aquelo de “eramos poucos.....”. Como a lei vai paseniño eu propoño que se cree o REXISTRO DE OKUPACIÓN.
Hai insectos que parasitan mamíferos que a sua vez son parasitados por ácaros. Perdón polo exemplo, pero sirva para que okupación teña orde. E pensemos que o hipotético rexistro crearía postos de traballo.