Marta Rodríguez Engroba
Cando tentar axudar me converteu en sospeitosa
Teño que confesar que non están a ser istos unhos tempos fáciles para Si, hai saída nin para min persoalmente.
Estamos tentando dixerir a situación que nos tocou vivir e que, malia ser persoalizada en min, afecta, como é lóxico, a todo o equipo.
E o que nos está resultando mais difícil de asumir non é a situación en si mesma, se non de quen parte, quen a provocou.
Ainda nos resistimos a crelo.
Hai tres anos, unha muller acudiu a nos manifestando estar a ser vítima de reiterados malos tratos, principalmente psicolóxicos, por parte do seu ex marido, unhos malos tratos que viña soportando desde había moitos anos e que se incrementaran despois do divorcio, xa que a existencia de fillos en común impedía que deixara de haber contacto entre eles.
Ela tentara denuncialo había algún tempo, pero por tratarse o seu ex marido dunha persoa coñecida, foi, digamos "persuadida" de que non o fixera, comprometéndose quen o fixo a "mediar" para que el desistira do seu comportamento, algo que, como era de agardar, non soamente non fixo, se non que reforzou a súa actitude.
Alguén lle falou da nosa asociación, de que non temos en conta, evidentemente, o estatus do presunto maltratador, polo que contactou con nos para pedirnos axuda.
Non tivemos dúbida en ningún momento da veracidade da súa historia, e menos despois de que nos ensinara unha serie de mensaxes e audios que ela gardaba no seu teléfono que o seu ex marido lle enviara nos que existían insultos, ameazas, etc, etc.
Despois de varias xuntanzas nas que ela se amosaba, como é lóxico dado o acontecido anteriormente, recelosa ante un novo intento de denuncia, decidiu facelo, solicitando a miña compañía, e así se fixo.
Todo transcurriu, dentro do difícil que sempre resulta para a vítima unha circunstancia de tal calado, con aparente normalidade, e o de aparente o digo porque, á vista do acontecido posteriormente, esa normalidade non foi tal e o proceso seguiu o seu curso.
Cal non sería a nosa sorpresa, cando, tres anos despois, nos atopamos co que a ex parella desta muller, que, todo hai que dicilo, neste tempo nunca se cortou en manifestar a súa animadversión hacia min dedicándome cualificativos como "filla d…..", "feminista de merda", "andróxina" (este foi o que mais me gustou, polo "glamour" que me aporta!) ou "andraxosa", independentemente de que eu estea ou non presente, pero mellor no segundo suposto, no que mesmo chegou a facelo a berros en plena rúa, me denunciou por "revelación de segredos", polo que fun citada no Xulgado en calidade de investigada.
A verdade, teño que confesar que en Si, hai saída quedamos abraiados, sen entender absolutamente nada, ata que demos coa resposta, unha resposta que cremos é, como mínimo,para preocuparse.
A denuncia en cuestión baseábase, principalmente, nun atestado policial según o cal, eu comparecín soa na comisaría manifestando ser coñecedora dun caso de violencia de xénero, concretamente este ao que me estou a referir, aportando ademais esas mensaxes que, según él, eu tiña no meu poder, algo que nunca sucedeu, polo cal se cita a entón aínda presunta vítima a declarar, dando unha versión totalmente falsa do acontecido na realidade, xa que tal como recolle o atestado o supostamente sucedeu, ela non acudiu a denunciar pola súa iniciativa, que foi o que realmente sucedeu, se non obrigada pola miña declaración previa, algo que nunca fixen, e que, de ser así, non pasaría nada, xa que todo cidadán está obrigado a denunciar en caso de ser coñecedor dun delito de violencia de xénero, pero o feito certo é que non foi así, xa que a propia afectada o ía facer, como de feito así foi, limitándome eu a acompañala.
Así mesmo, foi ela quen, no momento da denuncia, aportou as mensaxes e os audios que eu nunca tiven.
Non sei nin qué dicir, porque, en honor a verdade, o que menos nos preocupa, tanto a nivel colectivo como a min persoalmente, son as consecuencias que isto me poida traer, que, obviamente, non as temo, porque a verdade é a que é, non hai mais.
O que nos parece tremendo, é que dunha institución que se supón está para protexernos, para ser un referente no cumplimento das leis, poida partir algo tan grave sen que implique consecuencia ningunha, polo menos que nos saibamos, que sería o seu, que, como mínimo, se nos comunicara, malia que temos claro que non hai nada que comunicar.
Como tremendo tamén nos parece que esixir que se fagan as cousas ben, que se nos permita facer o noso traballo e se respecte o mesmo que nos respectamos, ou mellor debería dicir respectábamos, porque despois disto, é moi difícil pretender que a perspectiva non mude, o seu, nos pase este tipo de facturas envelenadas, sen ter en conta, ademais, que, malia que eu son a cara mais visible de Si, hai saída, están a facer daño a todo o colectivo, integrado por persoas, por seres humanos, con sentimentos.
Sempre tivemos claro que a nosa actividade podería conlevar mais dun sen sabor, é inevitable, pero o que nunca chegamos a pensar é que viñera da man daqueles cos que se supón, compartimos obxectivo, o de loitar contra a violencia de xénero e axudar as súas vítimas.
En definitiva, nunca pensamos que tentar axudar podería outorgar, nin a min nin a ninguén, a condición de sospeitosa.
Asociación Si, hai saída