Marta Rodríguez Engroba
Carta aberta ao compatriota Pedro Sánchez
Compatriota Sr. Sánchez:
O primeiro, desculpe que non inclúa no meu saúdo de encabezamento o termo "prezado", como sería políticamente correcto, pero, se algo non son, é hipócrita, e, máis alá de cuestións políticas, que nas actuais e graves circunstancias polas que estamos a atravesar creo que deberían ser secundarias, ou persoais, polas que, obviamente, non me podo sentir influenciada, xa que non nos coñecemos, francamente, hoxe non son quen de empregalo, porque, teño que admitilo, Sr. Sánchez, estou ademais de triste, tan furiosa, que, francamente, o último que me inspira é aprecio, e, insisto, non é nada persoal.
Hai algo que non consigo sacar da mente desde hai días, bueno, en realidade debería dicir meses, pero que, sobre todo nas últimos datas, lembro unha e outra vez, e é esa especie de "mantra" que, desde que foi decretado o estado de alarma, e ata a actualidade, Vd. nos repetiu ata a saciedade: "Ningún compatriota vai quedar atrás", o que nos fixo concebir a moitos de nos certas esperanzas, principalmente aos máis vulnerables, para moitos dos cales a pandemia e moitas das consecuencias derivadas dela no eido laboral, económico e social van ser a súa fatal sentencia, a ruina e a desesperación máis absolutas.
Unha medida pioneira no noso país, como foi o veto ao corte de suministros básicos durante o estado de alarma, e a súa posterior prórroga, nos fixo chegar a pensar que esta vez si, que por fin tiñamos un goberno que realmente miraba polos máis desfavorecidos, e que, certamente, agás as lóxicas limitacións, e o feito irrefutable de que nunha situación tan grave e inesperada como a que nos tocou vivir é imposible cubrir ao cen por cen todas as necesidades e todos os frontes abertos, a prioridade de quen nos goberna era, efectivamente, que ninguén quedara atrás.
Semellaba que ese escudo social recién creado comezaría a derrubar algún dos atrancos que impiden avanzar e mesmo fai retroceder aos máis débiles, e que, grazas a ese respiro, poderían tentar reconstruir as súas difíciles vidas, ou, polo menos, impediría que as súas penosas circunstancias o foran ainda máis.
Pero chegou o 30 de Setembro, e con él o final do veto ao corte de suministros. Barra libre as eléctricas para exercer a súa hexemonía e condenar a moitos fogares non soamente a ficar na escuridade, se non a non poder cociñar, a non poder ducharse con auga quente, nin lavar a roupa, nin cargar o seu teléfono móvil, o único medio para a maioría para estar comunicados, e mesmo algúns chegarán a perder o seu emprego, porque estaban teletraballando e non o van poder seguir facendo.
Tampouco poderán, por suposto, agora que chega o frío, quentar as súas casas, cos problemas de saúde que implica, e todo isto en plena crise sanitaria.
Gripes, resfriados, problemas respiratorios, se van ver considerablemente agravados polas baixas temperaturas dos seus fogares, sen esquecer, por suposto, a aqueles que, ben por dar positivo en Covid ou por ter estado en contacto con alguén que o sexa teñan que gardar illamento nas súas casas, pero claro, isto é algo que a Vd. nin se lle pasa pola cabeza…..Nunca tal cousa viviu, nin agarda facelo.
Vostede xoga noutra división, na dos priviliexiados, na do luxo, na daqueles na que a palabra necesidade non existe, na de que tal vez abre as ventás para aliviar a temperatura abafante da súa residencia, mentras milleiros de familias, de persoas, fican aterecidos nos seus fogares.
E non son estas as únicas consecuencias, compatriota Sr. Sánchez. O levantamento inhumano deste veto trae moitas máis. A que non o imaxinaba?.
Pois mire, si, e vou a poñerlle un exemplo.
O día que Vd., creo que co inestimable apoio da ministra, a compatriota Nadia Calviño, ou, polo menos, eso recollen os medios de comunicación, decidiu dar barra libre ao corte de suministros, vimos chorar amargamente, desesperada, a unha vítima de violencia de xénero, que leva tempo loitando con todas as súas forzas, coas que ten, e coas que saca de onde nin ela mesma sabe, para sair adiante, e, principalmente, para que ao seu fillo, de curta idade, non lle falte de nada.
Limpiezas, cuidados de maiores, traballos domésticos, consiguen que xunte unhos poucos euros, non moitos, que a duras penas lle permiten pagar o aluguer, e alimentarse o seu neno e ela, e isto non sempre en condicións, porque os cartos non estiran. Por suposto, como adoita suceder na maioría destes mal chamados "empregos", xa que o nome correcto sería "abusos", en B, polo que, agora que, por se todo isto non abondara, debido a pandemia, nalgunhas das casas nas que traballaba decidiron prescindir dos seus servizos, non ten dereito a paro.
Evidentemente, pagar os suministros é no seu caso toda unha odisea e a ameaza dos cortes planea sobre ela constantemente, chegando a materializarse en máis dunha ocasión, o que provoca, entre outras cousas, que se a súa ex parella cunha orde de afastamento que quebranta día si e día tamén, o fai de novo, non pode nin chamar a policía ou a quen sexa para pedir axuda, porque se non hai luz, non se pode cargar o teléfono, así de sinxelo, co risco que isto comporta para ela e para o seu fillo.
Agora, co levantamento do veto ao corte de suministros, que no seu caso, coma en tantos outros, se producirá en calquera momento, ten que facer fronte a unha nova ameaza.
O seu ex marido, que nunca amosou interés nin preocupación polo neno, xa advertiu de que vai pedir a custodia do menor, xa que ela, sen luz, sen calefacción, mesmo sen teléfono, e sen traballo fixo, non pode garantir as condicións de vida adoitadas, e ten posiblidades de conseguila, porque é un maltratador, si, pero ten recursos, unha economía saneada, un traballo estable e dos "ben vistos", e unha vivenda en condicións, con todas as comodidades, entre elas, por suposto, unha boa calefacción.
Qué lle parece?. Algunha vez se parou a pensar as consecuencias que poden derivar dun corte de suministros?. E esta, que a unha nai lle poidan quitar ao seu fillo para darllo a un pai maltratador, é tan so unha entre unha morea delas.
Non pedimos esmolas, Sr. Sánchez. Pedimos un mínimo de humanidade e alternativas para que todo o mundo poida ter esa vida digna a que se supón que todos temos dereito pero que a demasiados lles é negada.
Pedimos, en definitiva, Sr. Sánchez, que Vd. e o seu goberno, non boten a ninguén atrás.
Asociación Si, hai saída