Tribuna Viva
Ringreiras e falta de persoal no centro de saúde de Baltar
Así estaba ás 10.50h., desta mañá as inmediacións do Centro de Saúde de Baltar. Ringleira de máis dunha hora para poder coller cita.
A xestión dos centros de saúde está sendo penosa. Incluso para algo tan básico como a cita para pór unha vacina que antes se solicitaba mediante a aplicación do Sergas agora hai que solicitala por teléfono ou de forma presencial; dado que estamos en plena campaña de vacinación da gripe aí o motivo de parte da ringreira ao estar as liñas saturadas. Ademáis disto, o protocolo de prevención e detención de Covid, establece que ante a aparicición de sintomatoloxía compatible con Covid dun/ha nenx, xs proxenitores ou tutores deben poñerse en contacto co seu pediatra chamando ao Centro de saúde, cousa que está sendo imposible facelo de forma áxil e eficiente.
Por outra banda, o persoal sanitario está neste momento sobrecargado, ao haber compañeirxs de baixa (tamén enferman, por desgraza) sen ser substituidos e cuxos pacientes están sendo derivados e repartidos entre os que están; isto significa na práctica, que teñan unha media de entre 70 e 80 pacientes por xornada.
Se a estas alturas, cando ainda non comezou (e ogallá veña con menos virulencia ca outros anos) a época de gripes, catarros e demáis infeccións respiratorias; non podemos nin queremos imaxinarnos o inverno que nos espera ( a pacientes e persoal sanitario). A onde van chegar as ringleiras? E se chove, venta ou fai frío, onde nos resgardaremos? Cal será a calidade de atención recibida cando superemos os umbrales actuales? E a carga física e psicolóxica de quen nos atende?
Isto é unha desfeita, e o SERGAS mira cara outro lado escusándose cunha xa inverosímil e falsa culpabilización ao goberno central, cando as competencias son da Xunta de Galicia. Se non encontran persoal igual deberan facer máis atractivos os contratos e condicións laborais como fan outros países e incluso outras autonomías.
Pregamos a todas as persoas que están nas ringleiras que interpoñan follas de reclamacións, a ver se así conseguimos que chegue o noso malestar ao SERGAS e así fagan por cambiar esta situación, que a ollos vistos ten pinta de ir a peor cara o inverno.
Un saúdo. E moitos azos!!!
Mary Camiña
Voceira de Somos Sanxenxo