Pedro De Lorenzo y Macías
Os contos do avó
Autores: Pedro de Lorenzo y Macías, Luisa Irene Lorenzo Marín
P R O L O G O
Nosa fala é unha das primicias da mixtura do Latín coa lingua que falaban os íncolas do noso País: “Galiza”.
Hispania fou asediada polos romans no século III A.C, e tardou séculos na sua romanizacións. O Pobo Romano era intelixente: non tiranizaba, buscaba a mixtura das culturas; aportou moitos eventos culturais, agricolais, comerciais..., e outros. Respetou as costumes dos pobos sometidos, e con agarimo, íanos levando a sua cultura. No século V D.C. O Imperio Román declinou....: Os bárbaros asolan, someten os seus pobos do imperio. Galiza convivìu cos Suevos, asiña foron sometidos por Recaredo, rei visigodo.
No século VIII os árabes invadiron Hispania; estiveron sete séculos na península, pero moi poucos anos en Astur, Galiza e nos países do norte, como en Aragón que naquel tempo era o reino dos catalans.
Os Clodios, familia da nobreza galega, xunto cos astures, iniciaron a Reconquista, sete anos depois da entrada dos árabes.
Nosa lingua, xunto co Latín Medieval era a fala nos reinos nacentes; foi Alfonso X o Sabio quen recoñeceu o romance castelán; as suas raices, as primicias, foron do Galego, Catalán...., pero pouco a pouco foise agrandando coas influencias do islam, os pobos arábicos. Nosa lingua tivo auxe na poesía. No Século XV os reis Católicos cautivouna, e tivo anos escuros.
Neste relato faixe un recordo ós derrateiros da nosa fala. Nomea persoas que tiveron coraxe para conserva-la.. Moitas plegas ós doctos da nosa lingua que non nominamos..., foi por a presa. O Avó finica coas maguas de tristura, xa que pensa que os homes sempre seguen seus intereses, e non os democráticos.
Surdiu esta peza literaria polo empeño da miña filla. Sua gramática é libre, sen someterse a ninguna normativa. Bicos para ela, o seu irmán, a sua nai.
Pedro de Lorenzo y Macías.
EPISODIO PRIMEIRO
A lareira está bulliciosa, furiosa......, as chamas pelexan cos troncos, xorden cores satánicas e álitos dos penedos.
O Avó mira o lume, tranquilo. Os seus ollos verdes irradian meditación, serenidade......
Aloumiña con agarimo a súa pipa, reconfórtase no diván.
Acondicionou a estancia antiga nunha nova biblioteca. Ten paixón pola lectura e investiga os costumes dos pobos.
Marabíllalle o lume...., semexa deleitarse ó comtemplalo. É algo maxeitoso, algo sublime..... É como fose lume o tivese a súa orixen
nel.
- Avó, ¡Qué ves no lume?
- Vexo os meus antergos, a min mesmo. De pequeño toda-la familia reuniase ante él...... Contábanse contos: O Lobo, a Santa Compaña, moitos sucesos. Queimábase aguardente, e nas súas chamas botabamo-los nosos males, os nosos embruxos; e na súa lux feiticeira soñábamos, atopabamo-la paz.
- Avó, ¿De que raza somos? ¿Cal é a nosa orixe?.
- ¡Ai, filliña! É difícil de afirmar. Verás....... Os primeiros poboadores vivian da caza, pesca: vestían peles e coiros..., construiron mámoas.
- ¿Qué é unha mámoa?.
- É unha tumba. Nesta época esta terra foi famosa polo seu estaño. Na Idade de Broce era coñecida por moitos pobos. Hai unha lenda: “ As Illas Casiterides”. Moitos as sitúan aquí. Os seus poboadores eran vigorosos, altaneiros, de ollos claros. Surcaban o mar tenebroso e temible, cheo de mostros e grandes serpes. Eles, valentes, desafiábanos coas súas barcas forradas de coiro.
- ¿Os nosos antergos eran os Celtas?.
- Dis ben, nena. Eles chegaron no século VI ante do Cristo, e foron as raices do noso pobo, da nosa cultura. Eran pastores e guerreiros. Son os fundadores dos castros: eran recintos circulares e fortificados. Faciános no alto do monte o nunha ladeira difícil de atacar e de fácil defensa. A familia era o máis sagrado..; a súa relixiosidade era sinxela e ampla: adoraban á agua, a terra, o fogo. Ó principio do verán o adoraban en grandes fogueiras, que brincaban. Despois lavábanse con herba boa e de anis. En Santa Tegra xa os vistes, e en Campo Lameiro as súas pinturas rupestres. A sua cultura é castrense, individualista: da orixe ós minifundios.
- - ¿Sabes alguna lenda dos nosos celtas?
- Hai moitas..... Eles eran os mellores ferreiros; construian crisois de arxila, moldeaban láminas de metal, fabricaban caldeiros.
- ¿Cómo eran?
- Loiros, de ollos claros.. ¡Moi guerreiros!. Disto tomaron boa nota os romans, pois foi un dos pobos que máis tardou Roma en someter. Os homes ocupábanse da caza, pesca, guerra; e as mulleres, nos labores do campo e domésticas.
- Sénteste celta.... Caeche a baba. ¡Xa...!.
- Déixate de lerias... Neste tempo chegaron os gregos a Hispania. Mais Roma, envexosa, ataca no século III A.C. Sostiveron moitas guerras cos nosos, durante catro séculos. Lembra a Viriato que foi temido pola toda Roma, e, ista, traidora, tivo que mercar uns capitans para que o asasinaran.
- ¿Cómo loitaban?.
- Moi valentes e intelixentes. Loitaban en guerrillas: atacaban ós romas por tódalas partes, emboscábanos; tirabanlle pedras, dardos...., despois fuxían. Os romans, ó principio seguíanlles, crían que tiñan medo. ¡Ah! Ö dispersarse eles, atacábanlle en tromba e vencíanos. Xulio Cesar conta que foi derrotado por eles e aprendéu a súa táctica....; máis tade conquistaría a Galia gracias á experiencia nas guerras céltigas.
- Eran temibles e moi duros..., ¿Verdade, Avó?.
- E tan temibles... Roma enfadouse moito e enviou moitas lexións ó frente Décimo Xunio Bruto. Venceu ós Galaicos e chega ata o Sil, e regresa con grandes cantidades de ouro. Máis tarde falareiche de Montefurado. No ano 19 A.C. Augusto Cesar decidiú somete-los Galegos...: grandes loitas, mortes, destruccións....; morrían moitos romanos, pero chegaban máis. Pouco a pouco os Celtas fórense retirando, coas súas familias ata o monte Medulio... Os romans sítianos, non deixan chegar víveres; moitos morreron loitando bravamente, outros enveneráronse, os demáis, quemáronse coas súas familias, cos seus animais. Xamáis viron os romans un espectáculo tan horribe. Decidiron pactar e respetar ós Celtas, e istes empezaron aceptarlos. Aquí comenza a Romanización do noso pobo.
- ¡Qué crueis e brutos eran os romans!.
- Non tanto. Foron positivos para a nosa raza; ensináronnos as seus costumes, cosntruiron pontes, como o do Ourense; cidades amuralladas, coma Lugo. Fan calzadas, facilitan ás comunicacions e o comercio. Nos ensinaron a súa lingua, que mixturada coa celta dará orixe ó noso idioma “”O GALEGO”. Canalizan o agua pa-los poboados e vilas, ensinan outros métodos agricolais e comercias. É impresionante o dominio da minería.
- Xa séi, Avó...: Montefurado. ¡Vés! Os romans fixeron moitas galerías e desviaron o Sil intre elas, e asi conseguiron moito ouro.
- ¡Verdade! Eso foi. Pero o triunfo da romanizacion foi a súa intelixencia... Souberon respetar a este pobo heroico, raza de deuses, e acatar as súas costumes. Outro dato importante, é que polo medio dos romans chegou o cristianismo a Hispania. Ó principio nas cidades, pouco a pouco chegou a tódolos luares.
- Avó, ¿Sabes algo de Prisciliano?. Hoxe comentouno o profe.
- ¡UHF!.... Crego que me ven á memoria. Era un nobre galego do século IV D.C. Tiña ideoloxía cristiá, pero distinta á Oficial. Tivo moitos discípulos, sobre todo no mundo rural. Foi condenado por herexe e considerárono mártir. Foi uns dos instrumentos para o coñecemento da doutrina cristián.
- Avó, ¿Qué pasou despois?
- Xa e tarde. Veña, Loiriña..., a durmir. Outro día seguiremos con estas verbas.
O meu avó bicoume coa súa barba de algodón.. Os seus ollos escintilaban dun verde radiante, burlón. O ceo estaba engalenado de guiños estelais.... A Lúa, coqueta e engreída, mostraba o seu vestido branco, chea de vanidade.
Durminme e......, soñei; soñei cos meus bravos Celtas e vin nos meus sonos que o meu Avó era un gran xefe, o fillo do lume.
Pedro de Lorenzo y Macías y
Luisa Irene Lorenzo Marín