Marta Rodríguez Engroba
Test de evaluación Viogén, revisión urxente xa! De quen o fai, tamén
En Setembro do 2016 Estefanía, unha muller de Sanlúcar la Mayor, despois de ser maltratada durante moito tempo, decidiu, tras a última malleira do seu marido, denuncialo.
Acudiu ao Cuartel da Garda Civil, onde, ademais de interpoñer a denuncia, solicitou unha orde de protección, orde que lle foi denegada pola xuiza, xa que según o test de evaluación de risco, VioGén, que lle realizaron os axentes, o nivel do seu foi cualificado como "NON APRECIADO".
Esta evaluación, resultado dun cuestionario xenérico, cunhas preguntas tipo para todas as vítimas, sen ter en conta, lóxicamente, xa que se trata dun programa informático, os matices que presenta cada caso, cada agresor e cada vítima, chegou a tal conclusión baseándose en datos como as versións contradictorias de ambos (polo visto o mais frecuente é que o agresor admita o seu delito e a súa versión coincida, porén, coa da vítima!), a falta de antecedentes do home (eu xuraría que para delinquir sempre hai unha primeira vez!) e, por suposto, o eterno argumento de que non había denuncias previas (alucinante!).
E, como adoita suceder, para os axentes, o resultado do VioGén foi a misa.
En ningún momento se lles ocurriu tentar ir un pouco mais alá, escoitar os argumentos da muller que lles solicitaba protección….para qué?, se o test dí que non hai risco, e que non o hai, porque mais saberá o test que a muller que compartiu anos de terror co seu maltratador, faltaría mais!. Ademais, cumpliron co trámite, asunto resolto, non hai mais que falar.
Tampouco a xuiza cuestionou, a vista dos acontecementos, a valoración dos axentes, o cal quere dicir, entendo, que non é algo que se faga habitualmente, e non o digo porque dea por feito que sempre é incorrecta, pero si que pode suceder.
As tráxicas probas me remito.
Un mes más tarde, Estefanía foi asasinada polo seu agresor.
Sen palabras.
Esta situación non é, para nada, infrecuente cando unha vítima de violencia machista acude a denunciar, e deixa patente algo que, polo menos desde Si, hai saída, vimos denunciando desde hai anos, sen resultado.
En primeiro lugar, a cuestionable eficacia do test de valoración VioGén, un test, como dixen ao comezo, xenérico, que non ten en conta o factor humano, nin para ben nin para mal, e que chega a unha valoración en base a unha serie de factores que propiciarían, teóricamente, unha escalada da violencia por parte do agresor (denuncias previas, antecedentes, posesión de armas, consumo de bebidas ou outras sustancias que o alteren, etc, etc, etc), ou a evitarían, no caso de non existir, cando nada, absolutamente nada, e eso o sabemos cantos vivimos de cerca a violencia de xénero, garante tal cousa.
A violencia de xénero non é unha ciencia exacta.
Non se poden confiar as vidas a un sinxelo programa informático, por moi ben elaborado que estea e por moi sisudos que foran os seus creadores.
Pode orientar, dar unha serie de indicios que axuden a valorar, pero nunca, NUNCA, debe ser definitivo. O factor humano é insustituible, e, malia eso, o menos valorado e mais prescindible.
Imos agora a segunda das nosas reivindicacións.
Son moitos os responsables de facer este test que se limitan a levalo a cabo coma un trámite mais, sen indagar, sen escoitar, sen intuir, e demasiadas vidas costou esto xa.
Son moitas as veces que é feito por axentes que non teñen formación en violencia de xénero, e isto ocorre, por exemplo, non sei se en todas, pero si en moitas comisarías, durante as fins de semana e os días festivos, nos que non funciona a Ufam (Unidade de Familia e Axuda a Muller) e as denuncias son recollidas na Odac (Oficina de Atención ao Cidadán).
Noutras ocasións, si teñen esa formación, pero carecen absolutamente de sensibilidade, de empatía, ou, o vou a dicir ainda mais claro, desa vocación imprescindible para tratar un tema tan sensible, o que lles impide plantexarse nin por un segundo tentar ir un pouco mais alá, dedicarlle a vítima o tempo que faga falta, para, con paciencia, con agarimo, sacar toda a información posible que pode chegar a evitar un desenlace tan tráxico como o de Estefanía.
Non hai méritos profesionais ou policiais (que é o criterio empregado para a selección deste persoal) no mundo que lle proporcionen sensibilidade a quen non a ten, nin tampouco a capacidade de poñerse na pel desa muller aterrorizada, que case sempre, no momento de denunciar, por mor dese terror, non é quen de organizar as súas propias ideas, nin moito menos de expresalas.
A selección destes axentes debería ser sumamente rigorosa. Non nos cansamos de dicilo, de esixilo, mais é inútil.
Son moitas as razón que poden conducir a un axente a Ufam, e non sempre vocacionais ou de implicación na loita contra a violencia machista.
Dito doutro xeito, e sintoo se soa demasiado duro, pero é a realidade: Hai axentes que baixo ningún concepto deberían, xamais, asistir a vítimas de violencia de xénero.
Esta semana a Audiencia Nacional condenou ao Ministerio de Interior pola mala atención a Estefanía, tan mala que axudou ao seu verdugo a asasinala, unha condena que fai concebir certas esperanzas, pero tampouco demasiadas.
Por desgraza, as neglixencias cometidas en violencia de xénero, por moi graves que sexan, malia que costen vidas, non teñen demasiadas consecuencias, e son rápidamente silenciadas e esquecidas.
E ainda que así non fora, Estefanía xa non volverá, como tampouco as indemnizacións aos seus fillos e aos seus pais poderán compensar a súa perda.
Os axentes sairán mellor ou peor parados, nada irreversible, estou segura, pero seguen vivos.
Para Estefanía, como para moitas outras mulleres vítimas da violencia machista, non hai camiño de retorno.
Asociación Si, hai saída