Pedro De Lorenzo y Macías
Os contos do avó. Episodio segundo.
Amencía...; os xílgaros espértanme, cheos de risas e música de amor. Bocexo…., e entre a fiestra esvara a húmeda alba, co seu embruxo, co seu embelezo. O sol, insolente e vago, desperezábase pelexando cotra duas montanas; machacounas co seu colorido e elas, fermosas, fachendeábanse do seu resplandor.
Asomeime... O Avó arranxa os aparellos, vai de pesca. Vestinme rauda, e laveime como un gato..... ¡Xa estaba no alpendre!
- ¡Ola, Avó!
- ¡Ola, pequena! Madrugaches. Supoño que tomaría-lo leite.
- Si, Avó. Graciñas. Xa recollin todo. ¿Podo ir contigo?
- ¡Non sei...., non sei....! Ben, de acordo. Imos.
Arredámonos amodiño. O Seu pelo branquecino, dun escintilante solemne, de estirpe celta; os seus ollos verdes, sempre alegres, amigos da algarabía, da xoldra. Beizos recios e sinxelos; o seu porte é elegante, tranquilo, cheo de seguridade. O meu Avó é un nobre galego, fillo do traballo, do estudio; respetuoso cos seus vecinos e compresivo.
- Avó, ¿Cómo se iniciou nosa cultura?
- Falaremos dos romanos. No século V o seu imperio desplomouse..., e nosa terra foi invadida polos Suevos: chegaron fuxindo dos Hunos en grandes carros, montaban a cabalo. Eran briosos e guerreiros. Fixeron boas amigas cos celtas, e estiveron case 200 anos. Pronto foron sometidos polos Visigodos; co rei Recaredo convertéronse ó Cristianismo. O Monxe Martín Dumiense funda mosteiros, resconstrue igrexas, crea centros de traballo, de estudios.
- ¿Cándo chegan os musulmans?
- No século VIII.... Entran polo sur, coas súas cimitarras, cos seus puñais retorcidos, con moitos cabalos. Teñen outra concepción da vida, da relixión. O seus deus é Alá, e Mahoma o seu prefeta. Facían a guerra santa. Querían someter a tódolos pobos a suas crenzas. Traen colorido, pompa. Os seus exércitos son numerosos, conquista tódala Península, menos a nosa terra. Os visigodos refuxíanse cos celtas., cos astures.. Ano 718... ¡Covadonga!. Os bravos astures e galaicos está sereos, tranquilos. A consigna é “Vencer ou Morrer”, como no monte Medulio. A sangre celta está tensa, quente....; os ollos fixos. ¡Hai silencio! Os sarracenos achéganse con moitos cantos, con tambores de morte. De súpeto unha voz tronou:”MATADE O MORO.., MATADE O INFIEL”. O seu eco chegou a fondo da terra..... Era Pelaio, que berra. Os mulsumans foxen, escapan, escóndense. Atopáronse coa raza celta, cos homes amantes da libertade, que sacrifican as súas vidas. Iníciase a RECONQUISTA.
- ¡Maravilloso!. Segue.......
- O río.
Chegamos ó Lerez..., esvarábase bravo e pendencieiro; pelexaba cos penedos cos riscos. Estaba rabioso: botaba escuma e lanzábase ó
bateiro, despreciando as pequenas freitas.
O Avó sentou, preparou con agarimo a cana...; lanzouna con maestría. E coa súa voz grave, pero doce, segue o conto......
- A noite estaba engalanada, de susurros de santidade. O bosque de Iria Flavia despedía escintileos, de cores misteriosos. Os labregos, asustados, emocionados, chaman a Teodomiro, Bispo. Chega raudo. O vento párase, os animaliños do bosque gardan silencio. A lúa párase, está leda, os seus ollos moi abertos...¡ALGO FANTÁSTICO VAI OCORRER!. ¡Alí, alí! ¡Unha tumba! Unha tumba escintilante. Todos axeónllanse, rezan no cemiterio román, vello e esquecido. Abriuse a tumba, e o corpo do Apóstolo envóveos na sua luz...¡Canticos, xúbilo...!. Compostela convértese no berce da relixiosidade..... Dende tódalas partes chegan peregrinos, cos súas culturas, cos seus cánticos, coas suas lendas. Seguía a Vía Lactea, guia certeira. No ano 1075 Diego Pelaez, Bispo de Santiago, encarga ó mestre Bernardo a construcción da Catedral. O Papa Calixto II, no ano 1122, concede a Gracia do Xubileo, cada cinco anos, sempre que a festividade coincida en domingo.
- ¡Qué emocionante! A xente tivo que sentirse feliz.
- Houbo algúns habatares: Os Normandos atacan as nosas costas, asolan Tui. Almanzor prende lume a Santiago, lévase a súas campás. Máis tarde os mulsumans retornaron as campás á ciudade: foron acollidas con gloria e moita ledicia.
- Avoiño, cóntame algo do Camiño Xacobeo. A profe vai poñelo para examen, e téñeme de ollo.
- Non sexas parva… ¡Verás! Iniciouse en Roncevalles: chegan os monxes de Cluní, ensinando o Estilo Románico; construiron igresas, hospedases en Naxera, Burgos, Cebreiro, Samos, Sarriá, Portomarin..., en moitos luares; tamen fixeron catedrais, mosteiros. Eran monxes benedictinos.., buscan luares esquecidos e constrúen mosteiros. Foron famosos Samos, San Benito, Caaveiro, e Armenteira. Neste estivo San Ero; ten unha famosísima lenda. Xa che contarei outro dia. Chegan trobadores, xugrares, músicos, poetas. Da Provenza, rica en lírica, traenos a Canzon d’amor: o home canta a sua amada. En Santiago céntranse toda actividade: crénase escolas monásticas e catedralicias. Cultívase a lírica: canción de amor, de amigo, de escarnio, de mal-decir. A historia do noso pobo lerala na “Historia Compostela”, “Libri de Sancti Xacobi”, “O Codex Calixtinus”. Neste tempo fálase e escríbese o galaico portugués. A obra poética está recopilada nos cancioneiros de Axuda, de Colocci-Brancuti, de Vaticana. No século XIII os Cistercienses inician a súa peregrinase a Santiago. Traen o estilo Gótico, Lembra a Catedral de Burgos, de León, as Ruinas de Santo Domingo, en Pontevedra.
- Avó, ¡¡PICAN, PICAN!!.
O meu avó, reposado, empozou a loita cun pez moi grande, un fermoso salmón. Os seus ollos eran un poema: fixos, serios, dominantes...., daban ordes a súas mans. Soltaba o sedal..., con mestría o recollía. O salmón daba brincos de anguria, de impotencia...., foise rendindo. O avó sacouno a terra..., e matouno. ¡Qué tristura!.
Regreséi a casa, muda e triste..., non lle dirixín verba ó meu avó. Estaba enoxada con el..... El sorría.
- O pescar para comer non é malo.... É unha leí da natureza.
- Pois é moi bruta.
(continuaremos)
Pedro de Lorenzo y Macías y Luisa Irene Lorenzo Marín.