Pedro De Lorenzo y Macías
Os contos do avó. Episodio terceiro.
O Avó esta sentado no salón... Fuma a súa fedorenta pipa. Paso varias veces ó seu carón..., ¡É unha mula! ¡Nin caso!. Lé un libro de poesía. Fago barullo, tuso......, ¡Inmutable! É un tozudo, unha cabeza dura.
- ¡¡¡ AVOOO...!!!
- Non estou sordo, caprichosa. Véxote morruda, un pouco enrevesada.
- Non me gustan os asasinos. E, ademáis, deume moita mágoa o salmón..., ¡Pobriño!.
- Iste salmón manducou máis seres vivos na súa corta vida que todos nos. A pesca é mala cando colles máis do que podes manxar, ou cando matas e extingues unha especie. ¡Xa o entenderás!.
- ¿Qué lés?
- Poesía Galega Medieval.
- Avó, bonitiño, cóntame... Sé bó. Eu perdónoche o do peixe. Non sexas remolón.
- Na Idade Media, os nosos antergos situáronse ó redor dos mosteiros e castelos: traballaban para eles, eles os protéxenos. O seor feudal era o dono de todo, ata das súas vidas. Nó seculo XIII, nas cidades e vilas importantes, xurdiron os gremios: grupo de traballadores do mesmo oficio... Tiveron gran releve e importancia. Pola nosa situación, desenrolouse o comercio, o intercambio de culturas. O Galego está en auxe... Tódolos poetas hispanos escriben as súas composicions no noso idioma. Lémbrome de Mendiño, xograr e picarón... ¡Cómo ligaba o maldito! A súa voz melosa, feiticeira........ “Seíame eu na Ermida de San Simón Cercaronmi as ondas que grandes son”.
- Son preciosos...., e moi románticos
- O Vigués Martín Codax canta a canción de amigo. Esta é aportación galega á literatura universal.., ainda que hai algúns que dín que a imitamos dos árabes. Codax tiña unha voz melosa, doce, “Ondas do mar de Vigo, ¿Se vistes meu amigo e - ¡Ay, Deus!- se verrá cedo?. Pero, neniña, Aí está O Pontevedrés Paio Gomez Charino, león e fero coas armas, pomba e doce cos versos. Participa na consquista de Sevilla, con honra e gloria. Deixa namoradas a doncelas, e non doncelas...
“As frores do meu amigo,
briosas van no navío...
E vanse as frores de eiquí
Ben con meus amores”.
- O século XIII é glorioso. Alfonso X o Sabio; de pequeño estivo en Maceda, e escoitou lendas sobre María. Escribiu as Cantigas en galego. Inicianse a obras góticas de Noia, Muxía, Laxe. Lembro a Pedro Meogo, no século XIV... A súa lírica ten tintes distintos: mestura o amor, a paixase, a tristura......
“Tardeí, mia madre, na fria fontana
cervos do monte volvía a agua”.
- Foi moi importante o poeta luso, rei de Portugal, Don Denís... Mais un dos curiosos foi MACIAS O ENAMORADO, poeta moi famoso na corte de Xoan II, polos seus amoríos e conquistas. Neste inspírase López de Vega...: “Porfiar ata morrer”. Foi morto por un marido celoso. Foi un poeta intimista, cheo de dúbidas éticas e doctrinaes:
“Cativo da miña tristura
xa todos prenden espanto
e preguntan qué ventura
foi que me atormenta tanto.”
- Avó, é moi interesante. Cantos poetas cantaron a nosa terra. Síntome fachendosa de nacer aquí, de ser galega, de ser pontevedresa.
- Entrado o século XV comenzan os problemas. Hai pestes, morte, desoslación. Os labregos pasan fame, soportan inxurias, malos tratos.... Levántanse en liorta, en loita intestina, cruenta. Coñécese pola “Revoltas Irmandiñas”: loitan contra os nobres, os ricos. Os nobres tamen pelexan entre eles. Ante este panorama, os reis Católicos centralizan o poder. Os señores feudais trasládanse a corte, o a zonas de loita para buscar riquezas e honra.
- Estou cansa. Vou xogar.
- Vaite, rabuda. Soga coa túa imaxinación, e crea personases de ilusión, de rosa. O Mundo na súa realidade é duro, triste.
- Non che perdoo a morte do salmón.
- ¡Teimuda!. Non alborotes ao galo.
Pedro de Lorenzo y Macías y Luisa Irene Lorenzo Marín.
Fotografías: Pedro Lorenzo Macías.