Marta Rodríguez Engroba
Pandemia, Goberno e ambición sen límites. O atallo de volta co maltratador máis curto para moitas vítimas de violencia de xénero
Imos de mal en peor, non hai dúbida.
A pandemia chegou para quedarse, ou, polo menos, para ficar entre nos durante moito tempo, entre outras razóns, e cuestións sanitarias aparte, porque non faltan aqueles que, coa súa irresponsabilidade, transgredindo unha e outra vez todas as normas e precaucións, a alimentan con mimo e a reparten con xenerosidade envelenada.
A ruina, para moitos, é xa un feito, e mentras algúns, non poucos, deses personaxes aos que aludía hai un momento, se laian por non poder viaxar, ou disfrutar a vida social que desexan, algo que, por certo, moitos deles continuaron a facer con todo descaro coma se o tema non fora con eles, outros, milleiros, ven impotentes como se lles esgota xa ata o máis mínimo recurso para seguir adiante.
ERTES, negocios aos que non lles queda máis alternativa que pechar, desemprego, imposibilidade para moita xente, nunha situación de gran vulnerabilidade, de facer fronte a hipoteca ou ao aluguer da súa vivenda, cortes de suministros, desafiuzamentos, e axudas prometidas que non chegan, son o panorama que unha alarmantemente elevada parte da poboación ten por diante, sen perspectivas, ademais, de que isto mellore e poder facer, porén, algo para remédialo.
Se hai un colectivo especialmente castigado por tanta miseria é o das vítimas de violencia de xénero, as que tantos usan para o seu beneficio e as que moi poucos axudan de xeito real, tanto as que ainda conviven co seu maltratador como as que xa iniciaran, cando a pandemia chegou, o camiño para tentar sair do inferno.
Primeiro chegou, no mes de Marzo, o confinamento domiciliario, co cal moitas delas se viron literalmente presas co seu agresor, sen escapatoria algunha, sen posibilidade de pedir axuda e sen que tampouco os que si tentamos axudar puidéramos contactar con elas, xa que unha sinxela mensaxe no móvil, férreamente controlado, podería sentencialas.
Tiñamos a esperanza de que o actual goberno, que tantas e tantas promesas fixo, enarbolando a bandeira do feminismo, da sororidade, e da loita contra a violencia machista como sinai de identidade para chegar ao poder, tomara medidas ao respecto, porque a situación era desesperada, e non solo para as que estaban pechadas co seu verdugo, se non tamén para aquelas que, non convivindo xa con eles, tiñan que enfrontarse a situacións como, por exemplo, o intercambio dos menores por mor do rexime de visitas, nunhas circunstancias tan complicadas, xa que mesmo os Puntos de Encontro nos que cando existe risco se fai, por orde xudicial, este intercambio pecharon, sen que se lles ofrecera ningunha alternativa.
As institucións competentes optaron, coma case sempre, por pasarse a pelota unhos a outros, para, finalmente, apelar ao “sentido común dos proxenitores”…..Se xurdían problemas ou algo máis grave, como era de prever, a eles que os rexistraran…….!.
Estaban, por outra banda, as situacións desesperadas nas que unha gran maioría delas, que sobrevivían grazas a traballos en precario, ou directamente en negro, se atopaban, quedando sen ingreso ningún, e moitas sen cumplir os requisitos para acceder a ningunha axuda, ou sen recursos para solicitalas (internet, ordenador, teléfono...).
En canto ao goberno, que semellaba estar noutra galaxia e non saber nada de todos estes problemas tan reais e tan graves, tal vez porque, malia facer alarde,nalgún momento, dos seus humildes orixes, agora xogan noutra división, certamente prometeu, e prometeu moito…….Punto.
Unha ministra desaparecida, deixando aparte as cuestións de saúde que a obrigaron a gardar a cuarentena, pero que reapareceu por vez primeira nun “magazine” da canle de televisión que é o paradigma do machismo máis atroz e da cosificación da muller, para contarnos o ben que o estaban a facer.
Unha Delegada do Goberno para a Violencia de Xénero que, eu polo menos, non teño nin idea de para que está nin que fai, que, ollo, igual o está a facer moi ben, pero como non o sabemos…..Será que é moi discreta!. Agás cobrar, por suposto, que eso o temos todos claro.
E mentras tanto, ninguén se molestou en asegurarse, por exemplo, de algo tan vital como que as Unidades de Familia e Axuda a Muller (UFAM) das comisarías, non se viran menoscabadas por mor da pandemia e mesmo se implementaran reforzos para unha situación de certo e evidente risco, facendo, na medida do posible, un seguimento a todas aquelas vítimas cuxos casos coñecían e revestían especial perigo.
Tampouco de que a aquelas nais que vían, en moitos casos, impotentes e desesperadas, como as súas ex parellas, nalgúns casos despois de anos desentendéndose por completo dos seus fillos, esixían de súpeto exercer o dereito as visitas, se lles ofrecera unha alternativa viable, e se lles protexera, a elas e aos menores, deixandoos totalmente indefensos e desprotexidos ante un baleiro legal que ninguén se preocupou de, polo menos, tentar aclarar . Etc, etc, etc.
E, no colmo da desfachatez, ainda foron quen de gabarse porque, dixeron, o número de denuncias fora menor do agardado…….De traca!.
Interpretar coma un dato positivo a falta de denuncias, cando todos sabemos que a maioría estaban presas, si que é para denunciar a quen ousa dicir tal cousa.
Tampouco se decataron, ou eso semella, de que algunhas delas, máis das que se poidan pensar, ante o panorama de medo e miseria que se lles avecinaba, a elas e aos seus fillos, optaron por non denunciar e ficar co seu maltratador, ou volver con él as que xa deran o paso.
Menos mal que saben moito de violencia de xénero, tanto, que lles facilitaron o camiño de volta a ela a unhas, e lles pecharon a porta de saída a outras!
E agora, que a segunda onda do coronavirus está a facer estragos, a historia se repite, mentras a nosa Ministra de Igualdade semella estar demasiado ocupada pensando, por exemplo, no dano que fai a cor rosa dos xoguetes das nenas as que, di, “oprime e reprime”.
E non digo, coidado, que ninguén se me bote enrriba!, que eso non teña a súa importancia, pero, de verdade é a prioridade agora mesmo, cando tantas vítimas de violencia de xénero están, grazas en gran parte a súa nefasta xestión, a súa mentira, imos chamarlle as cousas polo seu nome, emprendendo o camiño de volta a dor, e quen sabe se a morte?.
Mentras tanto, eles e os seus acólitos seguen engordando as súas cada vez máis grosas contas correntes, continúan repartindo cargos aos amigos, espallando subvencións máis que xenerosas a chiringuitos que din axudar a vítimas da violencia machista, pero que o único que fan é vivir cada día mellor a conta da súa desgraza, emborrachándose de poder e alimentando unha ambición que semella non ter límites.
E as vítimas, os seus fillos?
Pois grazas, en gran medida, a eles, moitos emprendendo o atallo de volta a violencia de xénero, e isto cando acabamos de contabilizar a vítima número 39 asasinada por violencia machista.
Menos mal que estamos en Novembro, e de cara ao 25, todo arranxado, que estamos a falar de xente moi, moi implicada, e, se non, mirade, cando pase esa data, e os días anteriores e posteriores, as fotos, e xa veredes cantos saen nelas.
Pura implicación!
Asociación Si, hai saída