Pedro De Lorenzo y Macías
Os contos do avó. Episodio cuarto.
O Avó está aliñando a súa barba... Eu vixio entre a porta. ¡Aaaaah! Deuse colorante..., ¡coqueto!. Agora explícome...., esa barba escintilante, ese porte distinguido.
¡Con qué suavidade usa a tesoira! Corta un pelo rebelde, igualase o bigote.... ¡Qué ben!
Loiriña vestía un vestido festivo, de cores preciosos. O pelo perfectamente alisado, cun lazo coqueto e femenino.
- Ola, Avó. ¡Qué guapo estás!
- Deíxate de garatuxadas. Imos.
- Non sexas rosmón.
A ermida estaba no cume do monte, solemne, maxestuosa. A xente subía a pe polas súas ladeiras, levaban roscas, empanadas, ¡como non!, as
súas botas de viño. Soaban as gaitas, fogos. Había risos, bromas. Chegamos.... Moita xente reza a Xan Xibrán, para saca-lo meigallo.
O avó sentouse baixo un penedo..., e eu a seu carón. Sacou a sua pipa, limpouna con parsimonia, e seguiu o seu conto.
- Os Reis Católicos impuxeron o castelán a todala Península, centralizan tódolos poderes. Desapareceu a nobreza, e aparacen os fidalgos, vástagos do rei. A Igresa engrandécese no poder; comenzan as brutalidades da Inquisición. Os labregos no eran donos da terra que traballaban; pagaban o sésus décimos ós mosteiros e fidalgos. Houbo malas colleitas e emigraron a Portugal, Castela, e máis lonxe, ás Américas. A pesca é fundamental, mais os séus métodos son rudimentarios. Os séculos XVI e XVII son anos oscuros para o noso país, para nosa lingua, para nosa cultura.
- Unha época triste e aburrida.
- Si, bonitiña. Pero pódese destacar os azabacheiros de Santiago, a arte Barroca, retorcida, esaxerada: Como o Retablo de San Martín Pinacio, a fachada do Obradoiro. Nó século XVIII aparecen os ilustrados galegos...: melloran a pesca, industria e agricultura; estenden a cultura por tódalas partes. Os promotores foron Xerónimo Feijoo, José Cornide e Martín Sarmiento, que fai unha defensa da língua galega:
“¿É cal lingua se debe deprender
primeiro de nenos? Eu digo que,
eles son galegos, dicta a razón
natural que sexa a galega que
co leite mamaron”.
O Ceo encapotouse con nubarróns negros e marróns monstrosos. As nubes toman formas de horribes ogros, crueis xigantes. Vomítanos o seu
fogo, os seus raios... ¡Trona! Ruido aterrador. Cheóme de espanto, cégame a luz, cae chuvia, con forza. ¡¡Teño medo!!. O Avó achégase e
agarímame.... Sorrí.
Ese medo, esa soledade, desconcerto é o que soportaron os nosos séculos oscuros.
Chegamos a casa, mollados. O Avó, tranquilo...; eu, temerosa e con medo. Funme a cama... Seguían caendo raios, tronos, centellas. Escondinme debaixo das mantas e non asomeí a testa nin por asombro.
Escotei unha risotada burlona...: Era o Avó, e durminme pensando nel.
Pedro de Lorenzo y Macías y Luisa Irene Lorenzo Marín.