Marta Rodríguez Engroba
Sonia Vivas, o tamaño dos despropósitos si importa
Hai algún tempo, de xeito totalmente casual, atopei nas redes sociais algunha publicación dunha tal Sonia Vivas, alguén, confeso, totalmente descoñecido para min ata ese momento.
O primeiro que me chamou a atención foi, coma non podería ser menos, a súa presentación, xa que, despois de lela semella que esta muller é o máis do máis: Policía, denunciante de corrupción policial, catalana de esquerdas, feminista, activista e formadora en dereitos humanos…..Ahí é nada!, e con todo o respecto o digo, pero é difícil atopar un currículo que supere o seu.
Vamos, de feito, da a sensación de que, se non fora por ela, o mundo iría de cabeza, por non dicir outra cousa que soa bastante peor.
Houbo outro detalle que non me pasou desapercibido, e foi o de mencionar, nesa longa lista de méritos na que tanto plancha un ovo como frite un pantalón, a súa condición sexual, lesbiana…….E……..?. Que temos, que parabenizala por algo natural?.
Porque, francamente, a min que, obviamente teño unha traxectoria bastante máis moesta que a desta señora, non se me ocorre a hora de presentarme soltar algo como "Marta, presidenta da asociación Si, hai saída, activista, heterosexual".
Pois mira que ben!. Non pensei que as preferencias sexuais puntuaran, francamente.
Logo resultou que, supostamente, que esta puntualización tiña unha xustificación, seica, porque núnha época da súa vida foi policía local, actividade que tivo que deixar ante o acoso homófobo que sufriu.
Non digo eu que non fora certo, que ninguén me entenda mal, e paréceme moi ben que o denunciara e que conte a súa experiencia, pero, sinceramente, Sra. Vivas, ser lesbiana, nin é un plus, nin resta puntos.
O mesmiño que ser heterosexual ou asexual, alá cada quen, e non creo que sexa preciso esgrimilo como tarxeta de presentación.
O certo é que espertou certa curiosidade en min, e non da saudable, para qué vou mentir. Debo recoñecer que as persoas tan "perfectas", que de todo saben e de todo entenden, consiguen suscitar en min un certo "repelús", sobre todo porque, normalmente, entre esa listaxe inmensa de méritos case nunca figura a humildade e asoma a soberbia, eso por unha banda, e, pola outra, porque tamén se definía coma unha autoridade na loita contra a violencia de xénero, que o será, non digo que non, e eso si me preocupou, e moito, porque comezaba a ter a sensación de que a Sra. Vivas pertence ao grupo dese mal chamado feminismo, peor que o machismo máis recalcitrante contra o que din loitar e cuxa radicalidade e mesmo desatinos desvirtúan totalmente ao de verdade
Así as cousas, comecei a observar algunhas das súas teorías, sobre todo desde que comezou a súa traxectoria como concelleira de Podemos en Palma, condición esta que lle fai ter máis facilidades para espallar a súa case infinita sabiduría, e vou mencionar, por poñer tan so un exemplo, unha delas na que afirma que "todas as mulleres foron tratadas algunha vez como prostitutas"…….Perdón?????.
Porque unha cousa é admitir que na nosa sociedade o machismo ainda está moi presente, demasiado, que a violencia contra as mulleres existe e medra dun xeito atroz, e outra moi diferente dicir que a todas nos trataron nalgún momento coma prostitutas….Falará por ela!.
Eso sí, mentras e non, ía iniciando unha xira polas diferentes televisións, porque,claro, é tan xenerosa, que quere compartir con todos as súas teorías…..TVE, Cuatro, T5, que eu vira, xa contaron coa súa presencia, que, igual, no colmo do seu altruismo,foi gratis, pero que, en calquera caso lle reporta notoriedade, algo que é evidente que lle encanta.
A pasada semana rizou o rizo cunha afirmación que nos deixou a moitos "ojipláticos", atribuindo a agresividade de moitos homes ao pequeno tamaño do seu pene, rematando a súa teoría dicindo "o que non cumple suple con violencia a súa carencia".
Non vou entrar en se tal afirmación ten algunha base científica. Penso que non é preciso. O que si me provocou auténticos arrepios foi que tamén se presentaba coma un referente na loita contra a violencia de xénero, e ahí si que comecei a prestarlle unha certa atención as súas manifestacións, porque cada vez me recordaban máis a ese mal chamado feminismo radical, que non ten nada que envexar ao machismo máis recalcitrante contra o que din loitar, e que desvirtúa totalmente ao de verdade, máxime tendo en conta que a seu cargo de concelleira en Palma lle facilita unha palestra perfecta para espallar as súas teorías.
E foi así como vin que Sonia Vivas se postula para impartir "Formaciones, charlas e conferencias".
Sen comentarios!.
Imaxinemos por un momento a esta muller impartindo unha charla nun colexio, nun ou nun instituto, a rapazas e rapaces moi novos, en pleno período de formación como persoas, adquirindo valores, e dicíndolles que se algún rapaz é violento pode deberse a que o seu pene é pequeno……Francamente,prefiro non pensalo!.
E, mentras tanto, os medios dándolle cancha e seguíndolle o xogo, xa que a costa dos seus despropósitos, está na boca de todos, e as súas aparicións mediáticas se suceden, porque claro, do que se trata é de acadar audiencia, e os despropósitos venden, é evidente.
Eso si, na súa páxina deixa ben claro, despois de indicarnos que imparte formación, charlas, etc, etc, "Si deseas contratarme…..", facilitando acto seguido un formulario para contactar con ela. Vamos, que activista si,pero ela gratis non se move!.
Francamente, non teño palabras para reproducir o perigosa que me parecen a Sra. Vivas e moitas das súas teorías (obviamente, non as coñezo todas),pero si lle vou dar a razón nunha cousa:
As veces, o tamaño si importa, e moito, e os seus despropósitos son un exemplo evidente.
Asociación Si, hai saída