Juan José Esperón
Oficio dos veciños: Médico / Cirurxián
OFICIO MÉDICO
Médico : profesional que, tras cursar os estudos necesarios e obter o título correspondente, conta cunha autorización legal para exercer a medicina.
As referencias que temos na Parroquia de Cerponzóns cos oficios relacionados coa medicina (médico e cirurxián, tamén farmacéutico…) remóntanse ao ano de 1720.
Neste artigo vou xuntar estas profesións que teñen que ver coa mediciña, temos que ter en conta que aínda que tanto os médicos como os cirurxiáns teñen moito en común, fai anos desempeñaban funcións distintas.
Fai muitos anos, das rexións máis densamente poboadas da península ibérica, Galicia era unha das principais, dado o seu clima e o non haber excesivos contrastes térmicos, fixo que moitos pobos asentásense pola nosa xeografía. Cada pobo foi deixando importantes remedios curativos, moitos dos cales aínda perviven nos nosos días.
A raíz do "descubremento " da tumba do Apóstolo Santiago, no primeiro terzo do S. IX, tivo gran repercusión no mundo cristián, dando lugar a que peregrinos de moitas partes do mundo comezasen a realizar o Camiño.
A través dos diversos Camiños de Santiago, fóronse realizando obras públicas e lugares de culto, dando pé a realizar un sistema de asistencia para os peregrinos. Estes lugares, monasterios, albergues, hospitais…estaban a maioría en mans relixiosas : os templarios, os irmáns hospitalarios, os benedictinos, os cistercienses…nas súas mans estaba en axudar e sanar aos peregrinos sans e os enfermos e tamén aos pobres. Aqueles ensinos dos pobos que se foron asentando na nosa terra sería de gran axuda para moitas das curacións que tiveron que levar a cabo durante anos e anos nestes lugares.
As enfermidades máis comúns naqueles tempos eran a lepra, o tifus, a tuberculosis, pulmonía, a sífilis, a peste, viruela, sarampión, a escarlatina, a sarna, o paludismo, a tiña, a gota, o mal de San Antón…
No ano 1745, Frai Martín Sarmiento, recolle no seu libro Viaje a Galicia, os nomes de herbas que había polos nosos lugares, ademáis indicaba o uso que os nativos dábanlle a cada unha delas.
Comentaba as propiedades do fiuncho, diurético e aperitivo en infusión,tamén na súa opinión a infusión de ramas e follas de abedul eran moi boas contra o mal da pedra e as enfermidades de ouríñaa : observou que estas enfermidades eran pouco frecuentes en Galicia e relacionouno co costume que tiña a xente para comer, facíao en vasos e pratos de madeira de abedul. Tamén fala da xesta, das propiedades da auga de cocer os grans de maíz, da carqueixa etc.
Desde fai muitisimos anos aquelas persoas que exerceron funcións relacionadas coa saúde humana recibiron o nome de médicos, cirurxiáns ( mestres de llagas), farmacéuticos (especieros), veterinarios (albéitares), sangradores, ensalmadores, algebristas, ortopedistas, dentistas, curandeiros, mulleres sabedoras,comadroas, drogueros, herboristas, saludadores, preparadoras de extractos alcohólicos de herbas medicinais (alcoholeras). A esta heteroxénea relación habería que engadir a intervención de magos e de bruxos e bruxas.
Si remontámosnos a 1721, unha disposición promulgada por aquel entón, reflectía a escasa consideración que tiña o oficio de cirurxián, dicía así :
"…la peligrosa introducción y delito de los cirujanos de galeras de que han ordenado y dado por sí mismos sin conocimiento de médico, los dos remedios más principales y de consecuencias de vida, de sangrías y purgas…".
Nas mellores épocas do imperio naval español, un cirurxián estaba soamente mellor considerado que un remeiro, non tiña ningún privilexio e estaba aloxado co resto da tripulación.
En documentacion antiga encontramos un escrito sobre un xuizo, data do ano 1690, cando o cirurxián Domingo de Herrera, de Pontevedra, fai unha declaración do estado de Ynes de Souto, veciña de Cerponzóns, casada con Baltasar Melón…
Decía así: Aviendo reconosido a la sobredicha allo tener diversos golpez por todo el cuerpo y en exspeçial en el pecho derecho un golpe contusso y en el otro lado ysquierdo serca del sobaco otro golpe contusso donde se reconosio tenia una costilla subentrada a la parte de adentro que le impide el mobimiento de la respiracion de que esta muy peligrosa y otra herida al naçimiento del cavello en la frente al lado derecho que al pareser fue dada dicha herida con ynstrumento punsante como el pico de alguna hoz cuchillo daga o puñal o otro semexante y los otros golpes fueron dados con ynstrumento contundente como palo piedra o otro semexante.
Encontramos os primeiros datos referentes a un cirurxián no ano 1720, o seu nome Alberto Collazo, veciño de Ponte Beán.
No ano de 1842, había na parroquia de Cerponzóns un cirurxián, era veciño de Leborei, o seu nome D. Francisco Losada (parece ser que era oriundo de Allariz), nese ano contaba 52 anos, estaba casado con Dª Josefa Capelo (42 anos) quen no documento de empadronamento aparece que o seu oficio era "gobierno de su casa", este matrimonio tiña seis fillos, no empadronamento do ano 1845 o oficio que se lle daba os fillos maiores era o de estudantes, e aparecen así : D. Juan (21 anos) D. José (18 anos) D. Ángel (15 anos) e os máis pequenos Jesusa (8 anos) Pilara ( 6 anos ) e Costodia ( 4 anos ).
Hai pouco escribín sobre o oficio de barbeiro, onde indicaba que tiveron unha época en que desempeñaban o oficio de cirurxián, normalmente dedicábanse a patoloxías de pouca importancia : feridas, sangrías, dentes, fracturas, úlceras, cataratas, cálculos, hernias… , cuns resultados mediocres.
Quizáis o señor Losada profesaba tamén o oficio de barbeiro, daquela era o máis habitual, ou ben a súa actividade consistía soamente na manipulación de fracturas e luxacions. Durante aquelas épocas intentábase dotar á ciruxía dun corpo doctrinal que a definise (incluíndo as lesións de ósos e articulaciones). En España os intentos para regular a capacitación dos cirurxiáns continuaban desde o século XVI. Así, Fernando de Mena, cirurxián de Felipe II (1527-1598), fixo publicar un decreto para que:
"no se admitiese a examen a ningun cirujano, que no diese cuenta del álgebra, para que usándola los mismos cirujanos y examinándose della, excuriessen y acabasen los concertadores que por ay andan sin entender la anatomía de los huesos."
Anos máis tarde volvemos atopar noticias relacionadas cun médico, de nome Joaquín Temes Trujeda.
Este home estaba realizando o seu oficio desde o ano 1872 en Alba.
No ano 1879, o concello obriga a D. Joaquin Temes a visitar e asistir gratis con puntualidad e esmero a todos os veciños pobres das parroquias de Alba, Lerez, Campaño e Cerponzóns que reclamasen os servizos propios da súa profesión.
Tería entre as súas funcións, a vacunación e revacunacion daqueles que o solicitasen e ademáis auxiliar cos seus coñecementos científicos á Corporación municipal en todo o relativo á Policia Sanitaria.
Este medico estaba obrigado a entregar unha lista ao Concello onde se reflectise o nome dos veciños considerados como pobres.
Ademáis non podía ausentarse sen permiso, e tiña que vivir dentro do término municipal. Cada ano o Concello pagaría polos seus servizos 999 pesetas, por mensualidades vencidas, ademáis quedaba da súa man cobrar o que crese conveniente aos demáis veciños non pobres.
O contrato tiña unha duración de catro anos, a partir dese momento o facultativo quedaba libre de seguir ou non con ese traballo.
Fai pouco o meu amigo Xosé Manuel Pereira, agasalloume un libro que escribiu no ano 2009, neste libro (El Balneario del Lérez) aparecen unha serie de certificados medicos e informes de personalidades sobre Aguas Minero-Medicinales "Lérez ", o médico Sr. Temes, envioulle o seguinte
Sr. Dr. Joaquín Temes Trujeda
Médico-Cirujano.
Pontevedra, Febrero de 1907.
Sr. Administrador de las Aguas Minerales LÉREZ.
Muy señor mío y de mi consideración:
Las aguas de Lérez propiedad del señor Gómez, á quien usted representa, además de constituir una bebida agradable, son muy útiles para remediar algunas formas de dispepsia y de catarro intestinal, los infartos hepáticos del hígado y los cólicos de éste y del riñón; no habiendo tenido hasta ahora ocasión de apreciar sus efectos en otras muchas enfermedades para cuyo tratamiento parecen indicadas por su composición química.
Aprovecho con mucho gusto la ocasión que se me ofrece para manifestárselo á usted y para saludarle atentamente, como su afectísimo amigo y S.S.
q.l.b.l.m.
J. TEMES TRUJEDA.
Cantos dos nosos veciños serían aconsellados polo médico J.Temes para que beberan auga do Balneario de Lérez ?
Nos comenzos do século XX volvemos a encontrar información dun oficio relacionado coa medicina, en decembro de 1903 un veciño de nome D. Ángel Losada, desempeñaba o oficio de farmacéutico, dado o seu apelido, seguramente era fillo do cirurxián ou tiña algún parentesco. Como farmacéuticos moitos dos nosos veciños seguro que recordan exercendo este oficio a dous veciños, Rogelio Barragans e Andrés Neira, desempeñaron o seu traballo durante moitos anos nas farmacias da Rúa Real e da Oliva respectivamente.
Cantos veciños e veciñas máis da nosa milenaria parroquia desempeñarían algún oficio relacionado coa mediciña ao longo dos anos ? Recordando a Alvaro Cunqueiro seguro que na parroquia houbo uns cantos que quitaban verrugas con sete palabras, limpaban os ollos de tirizós ou falaban cos figados doentes.
A día de hoxe temos varios veciños que desempeñan o seu traballo no mundo da mediciña : o Doutor Santiago Cons e as Doutoras Carmen Maquieira, Noemí García e como non, próximamente Anjara Campos, que acaba de doctorarse recientemente.
Tamén temos hoxe en día a unha veciña odontologa, cun brillante porvir, Marta García é por último, facer mención á nosa veciña Loli Castro, o seu oficio enfermeira.