Tribuna Viva
A ANPA A Salgueira do IES Vilalonga denuncia anomalías tras detectarse un positivo no centro
Sendo coñecedores no día de onte de una serie de anomalías que nos foron transmitidas tanto por país e nais como por parte da dirección do centro, dende a ANPA A Salgueira queremos transmitir publicamente a nosa desconformidade co protocolo a seguir por parte da Xunta de Galicia con respecto ao alumnado en corentena.
No noso centro, o IES de Vilalonga, tras un caso positivo dun alumno procedeuse a corentenar a máis dunha vintena de alumnos hai case dúas semanas. A día de hoxe atopámonos con que, de eses alumnos en corentena, a uns xa se lles teñen realizado dous PCRs, que sendo negativos xa se poden incorporar ao ensino presencial, mentres a outros rapaces que levan o mesmo tempo en corentena, nin tan sequera recibiron unha chamada por parte da Consellaría de Sanidade. Isto provoca que eses rapaces e rapazas non so non poden incorporarse ás clases presenciais senon que está a crear un ambiente de preocupación e intranquilidade nesas familias ao non saber si os seus fillos son positivos asintomáticos ou negativos, e non poder proceder en consecuencia.
Toda esta situación está creando malestar na comunidade educativa do centro, onde se ven claramente desigualdades entre a protocolorización de alumnado en contacto con positivo COVID.
Non se pode consentir que estando todos en corentena dende o mesmo día, uns xa teñan feito un segundo PCR e outro nin unha mísera chamada de ningún persoal do Centro de Seguimento COVID da Consellaría de Sanidade, creando un prexuízo para eses alumnos e para as súas familias, non so no ámbito educativo senón tamén no ámbito da saúde e benestar. Rogamos poñan solución a estas anomalías de inmediato por parte da Xunta de Galicia.
Así mesmo, parécenos moi pouco serio por parte da Consellaría de Sanidade que os alumnos que xa se poden incorporar ás clases presenciais, tan só aporten a súa palabra de ter sido negativos nun segundo PCR, e que a pesar de anunciar en setembro Plataformas telemáticas Educovid por parte da Xunta, non haxa ningún tipo de documento que acredite que eses alumnos están fora de perigo e non poden contaxiar, deixando todo na palabra do alumno. Entendemos que todas e todos os pais deben ser responsables e non mandar aos seus fillos e fillas estando en corentena ao instituto, mais é sabido que hai unha minoría que non están a seguir a normativa polo que pode haber algún caso problemático, polo que dende esta ANPA solicitamos que sexa sempre a administración competente quen dea luz verde documental ao centro para a volta do alumnado de corentena negativo de COVID, e non que a dirección do centro teña que asumir a responsabilidade de unha chamada de un alumno referindo o resultado do seu PCR.
Dende a ANPA A Salgueira agardamos sexan corrixidas estas anomalías na maior brevidade posible e aproveitamos para transmitir moita forza e ánimo ás familias.
ANPA A Salgueira do IES Vilalonga