Pedro De Lorenzo y Macías
Os contos do avó. Episodio quinto.
- Amencía. Os tambores da guerra ensordecían. Os Pirineos tremían: pó, berros de carros, de cabalos. O Ceo está vermello. Os fanceses portaban fusís cunha gran baioneta, cañons, armas mortais. Estamos nó século XIX. Napoleón pediu permiso a Fernando VII para cruzar cara Portugal. Os españois, descuidados, foron atacados e vencidos. Puxo no reino a Pepe Botella, o seu irmán. Os Ingleses veñen socorremos..., mais foron vencidos en Castela polos franceses...; retíranse cara Galiza. Brota a sangue celta... Os galegos, todos, pobres e ricos, con machadas, pedras, paos..., estábanlles agardando. En Ponte Sampaio están agardando os fillos do trono, ¡Os Celtas!. Os franceses son derrotados e foxen. Nesta terra empezou a decadencia de Roma, agora a de Napoleón.
- Segue, avoiño. Gústame.
- Galiza atopa a súa personalidade, a súa orixe.. As xentes non se avengoñan da súa nacionalidade, da súa lingua. Estamos no Rexurdimento. Xa se escoita a voz de Rosalía, a sua mágoa, a súa melancolia. Os seus poemas exténdese polo ceo, que os recibe manso e celeste.
"Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares
que así no pideron
na beira do mare.
Cantarte hei, Galicia,
Na lingua galega,
Consolo dos males,
Alivio das penas".
- Eduardo Pondar canta nosa estirpe, as nosas raíces celtas, a nosa espiritualidade:
"¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
o raio transparente
do plácido luar."
- En Celanova brilla e asuca as fronteiras os poemas de Curros Enriquez, cunha obra moi extensa. Gústame a súa lenda da Virxen do Cristal. Outros poetas do século XX son Ramón Otero Pedraio, Alvaro Cunqueiro e Ramón Cabanillas, que canta a nosa bandeira.
"Arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
Cantémolo dereito
A libre nova vida".
- Estes dan pé o Movemento Nacionalista, con Alfredo Brañas; a súa finalidade é mellorar Galicia. Busca a súa autonomía, un goberno propio. O Partido Galeguista agrúpaos; a meta é conseguir un estatuto de Autonomía. Máis a Guerra Civil empediúno. Deixamos atrás poetas e literatos moi famosos. Se queres, chos conto.
- Si, Avoiño. Segue.., ¡Eres un encanto!
- No ano vinte do seculo XX xurdiú o Boletín Mensual da Cultura Galega: "NOS". Os directores son Vicente Risco e Castelao. Escriben os famosos: Casal, Otero Pedraio, Cabanillas e outro moitos. O Ouresan Vicente Risco crea unha ampla obra de ensayos, investigacións, e narracións. A sua novela satírica é "O Porco de Pe".
"Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. [...]
Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.
O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro.
Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesada había atopar un unto.
Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento".
- Castelao – te soa, pequena; moito ris cos seus debuxos e chistes- emigra á Arxentina, despois da Guerra Civil. Ten obras preciosas, como Cousas, Un Ollo de Vidro:
"Era un neniño de manteiga,
bonito como un caravel.
Ninguna señora podía
Hóyalo sen bicalo...
O Neno fíxose mozo,
Un día marchou a guerra.
E alí cain ferido de morte.
E ó morrer non dixo máis:
¡Ay, mi mamaita!."
- Surxe a maestría de Antonio Rei Soto. Casou a Castelao na Estrada; foi o seu mentor e amigo. Foi o embaxador da cultura hispánica nos países de América. Nos deleita coa canción d’amigo, manifestándose que dita canción é de orixen galego, ante as reclamacións dos árabes. Da súa ánima emerxe este poema.
CANTAR D’AMIGO.
"Escoita, meu amigo,
e se podes pensar un pouco, pensa.
Da misma banda d’onde ven o día,
d’a noite ven a tebra.
Pero, co-a lús d’amanecida, encóbrense
todiñas as estrelas,
que soilo volverás a ver de novo
cando a noite s’acerca…
E digo mal, veralas si n’hay nubes
espesas que chas celan…
¡Oh día, a vida; a noite, a morte, amigo!
Pensa, si podes… Pensa.. Pensa… Pensa…
¡A mesma Mán, o abirse, derrama a lús y-a tebra"!
- Avó, é moi boiniño. Conoceches a Rei Soto?
- Pois sí, miña rula. Está soterrado no misterio de San Xoan de Poio; foi monxe mercedario. A súa tumba está no Claustro das Procesions.
(Claustro das Procesións no Mosteiro de San Xoán de Poio e imaxen de Antonio Rei Soto).
- Chega a Guerra Civil, cruenta e dura...; morre moita xente. Os intelectuais, case todos liberais, foxen ó exilio, outros son pasados polas armas. Chegan outros anos de sufrimento para nosa língua e cultura. Nena, xa é tarde. Coida ese constipado. Onte impapástete.
O Avó cóbreme con mimo e bícame na frente. Quedo pensativa e leda.... ¡Canto sabe o meu Avó!.
- Boas noites, neniña, filla da nobreza celta.
- O Avó vaíse sorrinte...., Eu quéroo.
Autores. Pedro de Lorenzo y Macías y Luisa Irene Lorenzo Marín.