Tribuna Viva
O Colectivo Feminista Pontevedra no 25-N
Dende o Colectivo Feminista Pontevedra queremos amosar o noso apoio este 25N, neste ano atípico de pandemia no que polas circunstancias non puidemos facer un acto como acostumamos, queremos dicir que todas e cada unha de nós seguinos aí, facendo e visibilizando o feminismo entre a nosa contorna, no día a día.
Non podemos esquecer que a violencia machista non cesa, senón que intensifícase coa pandemia, centos de mulleres confinadas cos seus maltratadores, mulleres doblemente illadas polas limitacións co que iso supón de cara á imposibilidade de tecer redes sociais de apoio, mulleres que están a vivir doble inferno este ano.
Por todas elas, polas 41 mulleres asasinadas neste 2020, polas máis de 1.000 asasinadas dende que hai datos rexistrados, porque durante moitos anos as mulleres estivemos caladas, por todo iso o machismo non pode atoparse co silencio da sociedade.
Agardando a que sexa seguro encher as rúas novamente, porque aí volveremos a estar, poñendo voz polas que xa non poden berrar.
Os minutos de silencio non salvan vidas, calar ante as inxustizas non salva vidas.
Facer feminismo e loitar pola igualdade sí. Educar ás crianzas no feminismo é a única maneira de acabar con esta lacra.
O machismo combátase con FEMINISMO.
Nin unha menos.
Colectivo Feminista Pontevedra