Tribuna Viva
Os hosteleiros de Vilagarcía rexeitan as condicións da desescalada
Os hosteleiros de Vilagarcía rexeitan as condicións da desescalada e anuncian medidas de protesta
1.- NON SOMOS OS CULPABLES
Os hosteleiros de Vilagarcía mantiveron esta tarde unha reunión na praza da Peixería na que quedou patente tanto a disconformidade coas medidas tomadas no seu día que levaron ao peche do sector como coa resolución adoptada onte pola Xunta de Galicia.
Os hosteleiros queren chamar a atención sobre a contradición que supón o feito de que agora mesmo existan máis casos de covid-19 en Vilagarcía que cando se decretou o peche dos seus negocios. Ante esta situación os hosteleiros solicítanlle ás autoridades que busquen culpables noutro lado, porque queda claro que o problema non é a hostelería.
2.- QUEREMOS TRABALLAR, NON LIMOSNAS
Tamén houbo unanimidade na reclamación por parte dos hosteleiros vilagarciáns de que o que o sector e os seus profesionais precisan é "que nos deixen traballar, non que nos dean limosmas˝.
Limosnas como a concesión onte por parte da Xunta dunha autorización apara abrir ata as 17 horas.
Ata tal punto chega a disconformidae con estas medidas que unha parte dos asistentes á reunión van optar por non abrir os seus negocios e sumarse á campaña xa impulsada noutras ciudades baixo o lema "Para pechar ás 5, xa nin abrimos".
Outros hosteleiros anunciaron que a partir do venres, e en tanto non varíen os horarios e os aforos, seguirán mantendo tan só o servizo de take away.
Tamén houbo algún hosteleiro que anunciou que si que abriría no novo horario permitido dada a actual situación económica tan complicada pola que están pasando os negocios.
3.- REDUCIÓN DA PRESIÓN TRIBUTARIA
Os hosteleiros de Vilagarcía reclamarán das Administracións local, autonómica e estatal, segundo lle corresponda, unha redución da presión tributaria.
No caso da máis achegada ao sector, o Concello de Vilagarcía, solicitaran que para facer fronte a aquelas taxas que por cuestións legais non se poidan deixar de pasar ao cobro, o Concello habilite unha liña de axudas directas.
4.- CONTACTOS COAS FORZAS POLÍTICAS
Os hosteleiros hoxe reunidos, a xeito de plataforma do sector, emprenderá unha serie de contactos con representantes de todas as forzas políticas con representación na cidade para facerlle chegar as súas demandas e para "escoitar o que eles nos teñan que dicir, que tamén é importante".
5.- PECHE SIMBÓLICO XUNTO CO COMERCIO
Os hosteleiros manterán nos vindeiros días unha reunión coa asociación de comerciantes Zona Aberta para realizar un "peche simbólico" (en día e tempo aínda por definir) que axude a visibilizar de cara á cidadanía e ás autoridades o que sería unha Vilagarcía sen hostelería nin comercio. "Que é o camino que levamos".
6.- SOLICITAR O RETRASO DO TOQUE DE QUEDA
Os hosteleiros tamén acordaron dirixirse á Xunta de Galicia para solicitar que o toque de queda, que actualmente entra en vigor ás 23 horas, poida retrasarse ata ás 00 horas, en tanto dure o estado de alarma. Os hosteleiros recordan que a Xunta ten na actualiodade competencia para tomar esta decisión.
7.- AXILIZAR AS AXUDAS
Os hosteleiros reclaman tanto da Xunta como do Goberno de España que se solventen as actuáis dificultades existentes para cobrar as axudas que lles corresponden tanto por cese de actividade como os Ertes dos seus traballadores.
Os hosteleiros tamén esixen medidas de rescate para o sector que sexan "eficientes, áxiles e reais". Neste sentido lembran que a Xunta anunciou un paquete de axudas para a hostelería cando se decretou o último peche e nunca máis se volveu saber delas, a pesar dos inxentes gastos que conleva manter os negocios pechados dende entón.
8. MAIOR ACCIÓN POLICIAL
Os hosteleiros de Vilagarcíua solicitan unha maior vixianza por parte das forzas de seguridade á hora de velar polo cumplimento das normas sanitarias impostas. Neste sentido critican que se faga, como se chegou a facer, unha persecución sen cuartel aos negocios hostaleiros en tanto que en outros ámbitos a permisividade é absoluta. "Non pedimos que os demais non poidan traballar. O que queremos é traballar todos e nas mesmas condicións".
Asociación de Hosteleiros de Vilagarcía