Xesús López Fernández
Gibraltar e a ría de Pontevedra
A foto do autor que preside este espacio de colaboración corresponde a unha breve estancia, no ano 2010, en La Línea de la Concepción. Sentado nunha terraza podería mesmo estar mirando cara a Rocha de Xibraltar, onde teño estado en diversas ocasiós. Paraíso fiscal, o Goberno vaino manter na lista dos que disfrutan de tal estatus ó non existire nengún convenio sobre doble imposición internacional de información tributaria, aínda que non aclara se ten intención de negociar un acordo destas características que modifique o "status quo" do Peñón, pese a que UpyD llo ten perguntado expresamente, e así consta na resposta escrita do Executivo ó portavoz económico da formación que preside Rosa Díez no Congreso, interesado en saber se o Goberno ten a intención de asinar algún acordo sobre información como o xa existente antre España e outros territorios de ultramar británicos, como as Illas Caimán.
No entorno da Rocha lévanse producido certos recheos, como se Gibraltar tentase convertírese nunha especie de novo Mónaco. Pero a serie de atrancos prá pesca española na bahía de Alxeciras, culminada nos últimos días co vertido naqueles fondos mariños de bloques de formigón con agullas pró destrozo das artes de pesca dos nosos mariñeiros, parece ter marcado un punto de inflexión, disparado a tensión difícilmente controlable antre España e a colonica británica. Rajoy, que ten falado con Cameron, o premier británico, afirma que as acciós xibraltareñas de carácter unilateral son inaceptables. Ademáis, o presidente do Goberno ten reiterado ó premier inglés, segúnun comunicado do executivo, a súa vontade de buscare canto antes unha solución á actual situación xerada polas autoriades de Gibraltar e que ten producido en España "un profundo malestar e unha gran preocupación ó perxudica-lo medioambiente e a actividade pesqueira". ÿ decir, que a Rajoy sí lle preocupa o medio ambiente, algo que aquí non sabiamos.
Os británicos xa están a movilizaren a súa flota cara Gibraltar. E Federico Jiménez Losantos comenta que é fácil enumerare tódo-los xestos de (estúpida) boa vontade española nos últimos trinta anos; como d´acabalo de tanta claudicación estos ladrós se foron adonando do terreo do istmo que non lles pertence, onde hoxe teñen ata un aeroporto, e compórtanse, ademáis, como acobillo de certas actividades delictivas, acollendo ás planeadoras de contrabandistas ante o acoso da Guarda Civil. Certo que xa non ten razón de ser Gibraltar como colonia, que por mandato da ONU debería ser xa parte do Estado español. O periodista sigue comentando que, se Rajoy xa ten dabondo pra se rendir ante Cataluña, sí podería mostrare unha certa dignidade no caso de Gibraltar, pero sen presa, que ó mellor aínda se pode dislocare un brazo.
En fin, que Rajoy ten unha papeleta, pero desta vez, i eso é todo un alarde, falou de medio ambiente. E aquí a cousa ven rodada. ¡Ai, os recheos de Marín e Lourizán! O lucro cesante que representa o afundimento da economía das xentes da ría, dunhas cinco mil familias, a perda dos bancos de marisco e outras cousas. ÿ que aquí nunca se lle veu un xesto, coa particularidade de que as agresiós ó noso medio ambiente, á ría toda, teñen nome e apelidos cando non son os clústers portuarios os que dictan as actuaciós que, en cada momento, se van levando a cabo. ÿ fácil saber dos políticos que non compriron cos seus deberes, de cómo, digámolo unha vez máis, a Policía Nacional actuou, contra as xentes d´Os Praceres, como exército privado dalgún clúster portuario. Presuntamente, claro. E acabaremos decindo que si Rajoy non actúa en relación coas infracciós existentes nesta ría, difícilmente vai para-la acción dos gibraltareños.
10.08.2013