Tribuna Viva
Baixo o mesmo paraugas
Un ano máis, e xa van cinco edicións, a iniciativa “Baixo O Mesmo Paraugas”, logrou que onte, o xoves 3 de decembro unironse a máis de 80 entidades sociais de toda Galicia para celebrar de forma conxunta o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Este ano a iniciativa tívose que adaptar á actual situación de emerxencia sanitaria pola COVID-19 e as persoas con discapacidade e as entidades, coa mesma ilusión de cada ano, animan á cidadanía a unirse á campaña virtual “Baixo o mesmo paraugas... na casa!”.
Tanto as persoas con discapacidade como as asociacións que as respaldan, as familias, os traballadores/as destas entidades... piden as administracions que non se olvide das persoas con discapacidade, que están a sufrir un enorme impacto social, económico e sanitario coa emerxencia polac COVID-19.
Desde o colectivo de Baixo O Mesmo Paraugas recordamos ademais que seguimos esixindo que os dereitos das persoas con discapacidade estén de xeito permanente nas axendas das administracións e demandamos unha coordinación educativa, social e sanitaria para dar resposta ás necesidades destas persoas. A educación inclusiva, o acceso ao mercado laboral en condicións de igualdade, o dereito a ter unha vida independente... son algunhas das reivindicacións que non se poden ver afectadas pola situación de pandemia.
Ademais da campaña virtual, as entidades de “Baixo O Mesmo Paraugas” fixeron no día de hoxe diferentes actividades, como lectura do manifesto, videos diversos , decoración dos paraguas en centros diversos .....etc
SOBRE BAIXO O MESMO PARAUGAS
A iniciativa “Baixo O Mesmo Paraugas” iniciouse no ano 2016 o símbolo do paraugas, que simboliza a unión, todos temos cabida baixo o paraguas, sen diferenzas. A meta: visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.
A iniciativa mostra as demandas das persoas con discapacidade cada 3 de decembro e o valor do movemento asociativo, xa que estas agrupacións representan na súa base social estimada de máis de 40.000 persoas (entre persoas con discapacidade, traballadores/as, familias, socios/as, voluntariado...).