Marta Rodríguez Engroba
Soledad, crónica dun asasinato anunciado que puido ser evitado
Soledad era o seu nome, un nome que agora, tras o tráxico asesinato que lle costou a vida a esta muller de Gondomar, semella ser un macabro presaxio deste, porque así, en soedade, foi como viviu o seu terror, o seu calvario.
Non me resulta, coma sempre que algo me afecta e me indigna profundamente, doado ordear as ideas, pero, non obstante, malia a miña carraxe, a sensación de impotencia, teño moi claro o que desexo transmitir e que me está queimando por dentro desde que onte vin os telexornais e lín o que sobre este crime machista se escribía nalgúns medios.
Manifestacións de repulsa social, minutos de silencio, condena por parte de políticos e institucións, concentracións……de todo houbo e está a haber no nome de Soledad.
De novo,por enésima vez, se repetiron as consignas de rigor, "querémonos vivas", "se nos tocan a unha tócannos a todas", etc, etc, e algún e algunha política falaron de "violencia agochada" ou de" violencia calada", pero houbo algo do que, polo visto, ninguén se decatou, ou non se quixeron decatar,algo ben evidente, que é tan digno de castigo coma o mesmo acto executor do asesinato de Soledad.
Estou a referirme as declaracións que, ante cámaras e micrófonos, fixo Purificación, a irmá da muller asasinada, nas que manifestou claramente que Soledad lles contara a ela e a súa nai que estaba a ser maltratada polo seu home e que mesmo tentara asasinala nunha ocasión.
Tamén falou da existencia dunha carta na que contaba o calvario que estaba a vivir.
Vou dar por sentado que a nai tal vez sexa unha mulle moi maior que non foi quen de reaccionar a confesión da súa filla, pero o que non ten xustificación algunha, o que non ten perdón, é o silencio de Purificación, que agora, cando súa irmá xa non está, non ten inconveniente ningún en falar con toda claridade diante de cámaras e micrófonos, alegando, ademais, que "As mulleres somos tontas. Tanto aguantar, para qué?".
É bastante improbable que eu chegue a ter oportunidade de falar nunca con esta muller, pero teño a pequena esperanza de que tal vez alguén que me lea a coñeza e lle poida transmitir o que me gustaría dicirlle cara a cara.
En primeiro lugar, quero dicirlle a Purificación que o seu silencio, ademais de convertila en cómplice do asasino de Soledad, o fai tamén en autora dun delito de omisión de socorro, trasladándolle, ademais, a ela, a propia vítima, a responsabilidade do seu final,porque, dixo, nunca foi ao médico nin denunciou.
O seu cuñado foi o executor material do crime, si,pero ela é tan culpable coma él, e agardo que, se lle queda un mínimo de conciencia, algo que dubido de alguén que sabendo que a súa irmá está a ser cruelmente maltratada non moveu un dedo para axudala, a certeza da culpa pola súa complicidade a persiga toda a vida.
Tamén me gustaría dirixirme a todos os políticos e representantes institucionais que "arrouparon" a Purificación mentras vivía o seu momento de gloria facendo declaracións, as que non fixo antes e que poderían ter salvado a vida da súa irmá, especialmente a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,que apareceu ao seu carón en todo momento e que dixo, entre outras cousas, que, ante a violencia machista, "non se pode mirar a outro lado"……Perdón?.....
Se me permite a pregunta, qué é o que estaban a facer Vds. representantes políticos, institucionais, e todos cantos formaban parte dese acto, escoitando a unha muller que declaraba abertamente ter sido coñecedora dun delito, o delito que matou a súa irmá, e non fixo nada ao respecto?.
A eso como se lle chama?. Encubrimento, tal vez?
A algún de Vds. se lles pasa pola cabeza facer o que saben é o seu deber?.
Porque, lembren, non se pode mirar a outro lado,pero claro, hai prioridades, e todos sabemos aquelo de "Show must go on".
Quixera, por último, referirme a algún comunicado emitido condenando o asesinato de Soledad, no que certos colectivos profesionais demandan máis recursos.
A eles gustaríame dicirlles que está moi ben pedir recursos, ferramentas, pero, saben Vds. qué?. Igual sería bo preocuparse primeiro por que non nos falte o PRIMEIRO, ESENCIAL E ESCASO RECURSO: A CONCIENCIA, porque sen él, de nada serven os que se lles brinden a maiores.
Non se poden comezar as casas polo tellado.
O primeiro e fundamental requisito é unha base firme, e se falla esta, os demais elementos da construcción son inútiles, porque se van vir abaixo sen remedio.
A irmá de Soledad é o exemplo evidente.
A de Soledad non é unha historia de violencia silenciada ou agochada.
É unha historia de demanda desesperada de axuda non escoitada.
O de Soledad é a crónica dun asesinato anunciado que puido ser evitado.
Asociación Si, hai saída