Marta Rodríguez Engroba
De verdade son activista?
En poucos meses se cumplirán sete anos do nacemento de Si, hai saída, o colectivo de axuda a vítimas de violencia de xénero do que formo parte, e, malia o tempo transcurrido, que xa non é pouco, hai unha dúbida que me xurdiu a pouco de comezar a nosa andaina, e que a día de hoxe, non é soamente que non fora quen de despexar, se non que medrou, e considerablemente, e, o peor de todo, hai tempo que intúo algunhas respostar que non son para nada do meu agrado e que mesmo me provocan unha gran tristura.
Vou tentar explicalo.
Cando Si, hai saída botou a andar, comezaron a denominarme "activista".
O certo é que, malia que cronolóxicamente falando xa teño unha idade, e isto me convirte tal vez nunha das máis "veteranas", nesto do activismo son case novata e non hai tanto que aterrei nel.
Poida que ese sexa o motivo do meu desconcerto…..Non sei.
A miña viaxe ata chegar a eso que chamamos "activismo" non foi doada, nin de lecer.
Foi unha travesía dura e longa, que comezou nunha estación na que os únicos tren saos que podía subirme eran a dor e o terror.
O fantasma da violencia de xénero era o que guiaba esa travesía, planeando por riba de min a todalas horas e marcando un itinerario que semellaba que remataría ao mesmo tempo que o faría a miña vida, e de xeito fatal.
Unha noite tráxica, que puido selo aínda máis, e na que estiven a piques de ser asasinada por un malnacido que dicía amarme, decidín que xa estaba ben, que esa viaxe macabra rematara, e que non soamente eu ía apearme dese perigroso tren, se non que ía facer o posible para que outras mulleres que estiveran a pasar polo mesmo tamén puideran conseguilo.
Así naceu Si, hai saída, o meu "segundo fillo", e así foi como algunha xente comezou a chamarme activista, algo que non entendía moi ben, teño que confesalo, porque, honradamente, non cría estar facendo nada fora do común, pero que non me disgustaba, porque para min ese termo levaba implícito o entusiasmo, o compromiso, as ganas de traballar e de loitar por aquelo no que cres, e deso sobrábame…..e sóbrame.
Cando mirei ao meu arredor, vin a algunha xente que pensaba e actuaba coma min, que se comprometía de xeito sincero, e que mesmo che contaxiaba o seu entusiasmo, pero tamén, co paso do tempo, comecei a ver a moita, demasiada no meu parecer, que se autodefinían coma activistas, pero que se rexían por outros parámetros totalmente diferentes.
Ao abeiro do activismo, e malia que ao que eles preactican eu chamaríalle máis ben, e sendo benévola, "pseudoactivismo", vin que se agochaban postureo, hipocresía, e, por riba de todo, intereses, moitos intereses.
Decateime de que un gran número destes personaxes utilizaban, utilizan, sen ningún pudor ou escrúpulo, esa suposta implicación, e, porén, a dor e a angustia que adoitan levar aparelladas esas causas que din defender, coma instrumentos para medrar social, laboral e mesmo económicamente.
Que sen pestanexar, e acubillados nesa falsa solidaridade, ían atopando o seu lugar nun eido "políticamente correcto" e, por descontado, aceptado e mellor visto socialmente, esquecendo polo camiñlo, sen reparo algún, eses principios que esgrimían, e que agora entendo que nunca tiveron, deixando claro, ademais, que o teu traballo estorba, que non es útil, e, ademais, molestas, agora que son "xente de ben"…..e con posibles!.
Moitos daqueles e daquelas que abanderaban causas, ideais, e facían concebir, co seu empuxe, coa súa implicación aparentemente real, esperanzas de que poderíamos acadar un mundo un pouco mellor, de súpeto, en canto comezaban a albiscar unhas posibilidades que ata ese momento lles estaban vetadas, comezaban a abrazar, con disimulo primeiro e con total descaro despois, todo aquello do que ata non había tanto renegaran.
Convertíanse en auténticos virtuosos, e aquí perdoádeme, pero vou facer algo que nunca fixen e que tal vez non sexa moi ético, pero neste caso é moi acaido, por eso me vou atrever a plaxiar un titular que lín hai tempo nun xornal, e co permiso de Manuel de Lorenzo, o seu autor, vou reproducir:
Convertíanse, como dixen, en auténticos virtuosos de "Facer que se é, facer que se sabe, facer que se fai", unha arte que non todo o mundo e quen de dominar, pero que ben paga a pena esforzarse por facelo cando están en xogo e ao alcance da man preabendas varias, bensexa en forma de compensación económica, un cargo político, un bo posto de traballo, ou, algo tamén moi codiciado, medrar no escalafón social.
As conviccións, os principios, son gratificantes, claro que si, pero pouco prácticos e menos ainda rentables, e, ao fin e ao cabo, tampouco costa tanto gardar a compostura, achegarse a quen convén e ir mudando de pola según sexa máis útil en cada momento, que a vida está moi difícil e hai que pelexar por ela….cada quen do xeito que considera oportuno!.
Non vou xulgar a quen actúa así. Nin son quen nin teño ningún dereito.
ademais, cada quen transita pola vida como lle peta, e todo o mundo merece respecto, malia que eles non adoitan a responder precisamente con eso, con respecto, e, nin fan, nin deixan.
Por máis que tentes seguir co teu traballo, un traballo que eles decidiron que non lles compensaba, un evidente afán de entorpecelo fai que un teña que estar constantemente coma nunha carreira de obstáculos, unha carreira na que nunca quixeches participar e que che rouba moral, enerxías e un tempo precioso que desexarías dedicar a aquelo polo que apostaches e queres loitar.
Mención aparte merecen aqueles e aquelas que exercen o seu presunto activismo a golpe de espectáculo, usando a dor allea sen ningún reparo para o seu beneficio, e empregando as descualificacións coma desprezables argumentos contra quen non se sube ao seu carro, o que non lles impide, eso si, aproveitarse do seu traballo e mesmo imítalo, malia que, aparentemente, non o valoren.
Non coñecen o concepto unión, e o único que lles interesa é crear recelos e suspicacias entre aqueles colectivos que deberían traballar codo con codo para levar adiante os seus obxectivos e a súa loita.
O certo é que todo isto e moito máis sorprendeume desagradablemente, e mesmo me levou a sentir certo desalento e bastante frustración nalgún momento, malia que, afortunadamente, limitase a eso, a momentos, porque, a diferencia deles, eu si estou convencida do que fago e o amo por riba de todo.
Teño que admitir, non obstante, que me doe, e moito, que se use a dor dos demais para medrar.
Así mesmo tiven que asumir que nunca chegarei a estar "ben vista", menos ainda serei económicamente solvente, e que na sociedade "políticamente correcta" posiblemente nunta teña un sitio, pero non pasa nada!.
É unha opciónn escollida con coherencia, e a quen non lle guste, pois xa sabe….a voltar a vista a outro lado, que é algo que tamén adoitan facer maxistralmente cando algo non lles interesa.
Que ninguén pensé por todo isto que estou en contra do activismo ou que o condeno. Nin moito menos.
O que penso é que é unha auténtica mágoa ademais de moi inxusto que se desvirtúe, grazas a algún o seu auténtico significado, o seu verdadeiro fin.
Tampouco penso que todo o mundo que se autodefine como activista persiga únicamente os seus fins, claro que non. Sei que hai xente que o vive de verdade, con paixón, e sen pretender acadar nada máis que a satisfacción de loitar por algo no que cren, e isto dame ánimo para continuar neses momentos nos que as cousas se poñen difíciles, que os hai.
O único que non son quen de sacudirme de enriba é unha pregunta para a que non dou atopada resposta: De verdade son activista?.
Asociación Si, hai saída