Marta Rodríguez Engroba
Necesitamos a vosa voz, sen ela nada é posible
O ano que rematará en poucos días, foi, e está a ser algo máis que duro para todos, tráxico para moitos que perderon a vida, ou para outros que tiveron que tentar asumir como algúns dos seus seres queridos marchaban sen tan siquera poder acompañalos nos seus derradeiros momentos.
Tampouco os máis afortunados, malia que as veces non dos decatemos da nosa sorte, os que ficamos sanos e non tivemos que lamentar ningunha perda, deixamos de acusar as consecuencias que a maldita pandemia espalla.
Empregos perdidos, ruina total para moitas familias, pobreza severa para numerosas persoas e familias que xa vivían ao límite... a lista é longa e dura, especialmente para os máis vulnerables, os que xa estaban acostumados a librar unha batalla diaria, pero que agora ven, impotentes, como se esgotaron todas as posibilidades xa non de gañala, se non de evitar acumular máis feridas, algunhas delas irreversibles.
Se hai algún colectivo que está a padecer todo isto dun xeito atroz e o das vítimas da violencia machista, e, por suposto, naqueles casos nos que existen, os seus fillos.
O fume que sempre se nos vendeu, digan o que digan, en canto a súa protección, a súa asistencia, aos recursos destinados para axudalas a sair adiante, tornouse tan espeso, tan denso, que impide albiscar o horizonte, por moito que se esforcen.
A esa falta de recursos e dos medios para acadar algunha axuda, temos que engadir que a xa escasa protección que se lles prestaba empeorou de xeito notable, e o Covid, unido ao desleixo que ven de lonxe, as convertiu prácticamente en invisibles.
Agora, a menos dunha semana do Nadal, a situación tornarase ainda máis perigosa, como cada ano, coa diferencia de que neste o risco ainda será maior, xa que as limitacións derivadas da pandemia e que,sen dúbida, afectarán a aspectos como o intercambio dos menores no período vacacional, ou o illamento forzoso de moitas vítimas cos seus agresores por non poder celebrar esas xuntanzas familiares que, nalgúns casos, eran un pequeno alivio ao seu inferno, farán que se aveciñen unhos días de especial e elevado risco, ante os cales, coma cada ano, non soamente non se adoptará ningunha medida especial, se non que ante calquera emerxencia, os xa escasos mecanismos para axudalas, para asistilas, serán case inexistentes, cunhos servizos tanto nas comisarías, coma nos xulgados, servizos sociais, etc, etc, etc prácticamente baleiros por mor das vacacións de gran parte do seu persoal, que son sagradas, e ninguén lles nega o dereito a disfrutalas, faltaría máis!, pero sen expoñer a ninguén a unha situación de risco ainda maior do que xa sufren cada día, sen poder recibir axuda no caso de precisala, malia o cal a posibilidade de que ese persoal sexa substituido durante a súa falta nin se contempla.
E é por isto que, desde aquí, quero dirixirme a vos, mulleres que estades a vivir esta situación:
Sodes moitas as que vos dirixides a Si, hai saída manifestando a vosa desprotección, a dos vosos fillos, a falta de axuda, o non ter a onde acudir, e tamén, en moitas ocasións, a non sempre adoitada atención que se vos presta, o trato non sempre correcto, nin coa empatía e sensibilidade que unha dor tan tremenda, un desgarro tan atroz coma os vosos require.
Sabedes que estamos aquí para escoitarvos, por suposto, e tamén para axudarvos, para loitar por vos, para tentar que esas eivas que vos poñen en perigo a vos, aos vosos fillos, sexan subsanadas, como tamén sabedes que non dubidamos en servir de ponte e transmitilo a aqueles que son responsables disto, pero, por favor, tentade entender que sen vos, sen a vosa testemuña, todo é inútil, porque, sinxelamente, as vosas queixas non existen.
Somos conscientes do voso vulnerable estado anímico, de que temedes que as vosas queixas teñan como consecuencia un trato ainda peor, temedes "represalias", dicides algunhas.
Escoitamos as vosas queixas cando o policía que vos asignaron para a vosa protección non se presenta, cando a actitude do que vos tomou declaración cando acudistes a denunciar foi hostil ou fixo que vos sentírades cuestionadas, cando o comportamento do persoal do Punto de Encontro non foi, no voso xuizo, correcto, cando o voso avogado de oficio non vos colle o teléfono ou non vos defende como vos considerades que debería facelo, pero ahí queda todo, en nos, que cando tentamos poñerlle remedio dámonos de bruzos cunha parede infranqueable xa que non hai constancia de ningunha das vosas máis que xustificadas queixas, o cal, lóxicamente, lles proporciona a aqueles que vos fallaron, a excusa perfecta non soamente para non modificar a súa actitude, se non para que tenten arrebatarnos toda credibilidade.
Podemos apoiarvos, estar con vos incondicionalmente, e sabedes que o facemos, pero o que non podemos, en ningún caso, e subsistuirvos.
Coñecemos os vosos medos, o pánico que sentides a que as cousas se tornen ainda peor, pero podo asegurarvos que se loitamos xuntos, máis cedo ou máis tarde, atoparemos esa saída que nos da nome.
Por todas vós, polas que veñan detrás, para que para todas vos chegue o día no que na vosa vida non exista xa o medo, e de novo sorriades, por todo isto, necesitámosvos, a vós, a vosa voz.
Asociación Si, hai saída