Tribuna Viva
A Federación de Confrarías alerta do grave prexuízo causados pola falta de cuotas e os peches de pesquerías
A Federacion Galega de Confrarías, que aglutina ás 3 federación provincias galegas, amosa a súa preocupación pola disminución de cuotas pesqueiras e o peche de pesquerías que supoñen un alto interese para o sector pesqueiro artesanal.
Só con algúns exemplos se realiza unha fotografía da actualidade:
Raia Mosaico O pasado 30 de decembro recibimos a peor nova sobre esta especie que se pode esperar; o peche provisional desta pesquería para a zona IX (que afecta en Galicia dende Fisterra ata a Guarda) dende o 1 de xaneiro.
Pescada ( Merluza) No borrador da resolución de topes de Merluza recibido o 5 de xaneiro se establece para a flota de artes menores un tope máximo de capturas de 8.000 Kgrs/ barco/año; se trata de unha proposta pero se destaca que o ano pasado foron 15.000 Kg/buque/ano.
Xarda (Cabala) Se espera unha campaña excesivamente curta para flota artesanal tal como se ven producindo nos últimos anos ( 4-5 días).
Bonito A campaña para esta especie nos último anos cada vez é mais curta debido a que cada vez mais buques se desplazan a esta pesquería ao non ter outras especies ás que traballar.
As cuotas definitvas destas pesquerías están pendentes, nalgún caso, de negociación co Reino Unido pero o sector non se pode manter cunha incertidume do que van poder pescar no futuro; con este panorama a viabilidade da flota artesanal está en perigo e dende a Federación Galega de Confrarías amosamos a nosa preocupación e instamos á administración española competente a que defenda á pesca como un sector esencial dende a perspectiva social e económica de Galicia e de España.
Federación Gallega de Cofradías de Pescadores
Presidente, José Antonio Pérez Sieira