Tribuna Viva
Nace a Plataforma "HEPA nas aulas de Galicia"
O día 15 de xaneiro de 2021 nace a Plataforma "HEPA nas aulas Galicia", que agrupa familias, anpas e profesorado, para esixir á Consellería de Educación que resolva favorablememente as solicitudes de instalación de aparellos purificadores con "filtro hepa" nas aulas dos colexios públicos galegos, como medida preventiva complementaria á ventilación e resto das que xa se aplican actualmente, para minimizar ao máximo o risco de contaxio por aerosois en plena pandemia da covid-19.
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia, sistemáticamente, DENEGA, PARALIZA E DILATA a instalación destos aparellos, esixindo recentemente, requisitos burocráticos adicionais, concretamente un "estudo técnico", que logo non fan, e que ademáis retrasan no tempo a resposta aos requerimentos de moitos colexios en pleno inverno e terceira ola.
Entendemos que o DEREITO Á VIDA E A SAÚDE está por riba de calquera outra consideración, e pais/nais temos a obriga legal e ética de salvagardar a integridade das nosas familias.
A Plataforma "HEPA Nas Aulas Galicia" nace como REACCIÓN COLECTIVA contra esta actitude incomprensible da Consellería de Educación, que roza a neglixencia xa que están POÑENDO TRABAS en troques de favorecer e facilitar todas aquelas medidas que eviten contaxios, como é o uso de purificadores con filtros HEPA, por certo recomendado o seu uso en aulas recentemente polo CSIC, Harvard e multitude de científicos a nivel internacional como José Luis Jiménez.
Máis tendo en conta que en Galicia NON se cumplen nin as ratios alumnos/aula, nin as distancias que establece a O.M.S. (Organización Mundial da Saúde) como mínimas e as condicións climatolóxicas fan imposible ás veces unha adecuada ventilación.
A iniciativa surxe en Pontevedra, no Ceip de Marcón, a principios do mes de xaneiro do presente ano, a instancias de María Álvarez, quen por efecto de tratamentos médicos recentes, padece unha inmunosupresión con elevado risco en caso de infección por Covid-19, e de outros pais e nais de alumnos do centro.
Baixo estas circunstancias, acordamos maioritariamente a compra dos aparellos en outubro, mais a consellería lanzou estos requisitos extra que provocaron a dilatación indefinida da instalación dos mesmos, denegándonos na práctica o permiso de instalación.
Ante esta frustración, buscamos información sobre casos similares, decatándonos de que era un patrón aplicado en toda Galicia. Houbo colexios nos que puideron colocalos antes das medidas burocráticas e nas que funcionan perfectamente ben, hainos que os mercaron e tiveron que devolvelos, hai quen empezou o proceso de recaudación entre as familias e quedaron a medias, e outros que queren colocalos pero ante a actitude incomprensible da Consellería de Educación, nin siquera comezaron o proceso; nuns casos denegouse sen máis explicacións e noutros sen dar resposta ás solicitudes do "estudo técnico" que eles mesmos puxeron como requisito indispensable.
Así contactamos con ANPAS, familias, asociacións de profes, montamos un grupo de Whatsapp e una páxina de Facebook, "PLATAFORMA HEPA NAS AULAS GALICIA", puxémonos máns á obra; primeiro para denunciar a grave actitude da Consellería de Educación, e segundo para organizarnos e divulgar esta situación por tódolos medios ao noso alcance, preparando accións conxuntas, coordinadas e continuadas; e sobre todo tendo en conta o contexto da situación actual de risco extremo de infección pola Covid19, polo colapso de hospitais e a dificultade de acceso presencial aos Centros de Saúde, así como polas consecuencias desastrosas que as familias teriamos que soportar en caso de infección dos nosos fillos e fillas.
Queremos enviar unha mensaxe clara á Consellería de Educación: o argumento de que o dereito á educación está por riba do dereito á vida e á saúde, é un argumento INACEPTABLE.
QUEREMOS PERMISO EXPRESO PARA A INSTALACIÓN DOS APARELLOS PURIFICADORES CON FILTROS HEPA NAS AULAS, e que en calquera colexio, as familias, as ANPAS ou o profesorado poidan instalalos sen tantas limitacións burocráticas.
En caso de que continúen con esta actitude de bloqueo, convocaremos máis protestas, e máis accións e medidas de presión precisas, xa que estamos en pleno inverno e no pico máis alto da pandemia, e non hai marxe de maniobra.
Por iso pedimos o apoio de Concellos, Deputacións, outros organismos públicos, Asociacións, Agrupacións, Plataformas, Partidos Políticos, Sindicatos do Ensino, e quen queira sumarse, para que poidamos implementar esta opción tecnolóxica preventiva nos coles de Galicia.
Xa hai varios concellos galegos, como o de Gondomar por exemplo, que están dispostos a axudar económicamente para mercar e instalar esta barreira tecnolóxica PLATAFORMA HEPA NAS AULAS GALICIA contra a transmisión por aerosois, empregada sistemática en hospitais, en áreas de oncoloxía e infecciosos.
A nosa indignación chegou a niveis altos cando na prensa e na televisión, todo o mundo puido observar a celebración dun acto público, o "Foro de A Toxa", onde dirixentes políticos se reuniron en espazos pechados, gardando distancias, e empregando aparatos purificadores Hepa durante o evento.
Se esta tecnoloxía vale para eles, tamén é válida e debe estar dispoñible para os nosos fillos e fillas.
Deste xeito, acudiremos a tódalas instancias posibles para que se garanta o dereito á saúde do alumnado: Valedora do Pobo, Defensor del Pueblo, Defensor del Menor, ao Ministerio de Sanidad e Educación do estado, etc…, e usaremos tódolos recursos ao noso alcance.
En pouco tempo, fóronse adherindo 17 entre coles, familias, ANPAs e asociacións e siguen aumentando as peticións.
Somos conscientes de que estos colexios son só a punta do iceberg, e que se houbera as condicións favorables por parte da administración pública, a maioría dos centros xa estarían dotados desta tecnoloxía, como se fixo en Alemania por exemplo, xa que con simples mascarillas faciais que os nenos quitan para merendar, co xel hidroalcohólico e con rexímenes de ventilación insuficientes na maioría dos casos dadas as circunstancias climatolóxicas, en aulas con ratios e distancias mínimas que non se cumplen, en pleno inverno e cos niveis de transmisión por vía aérea disparados, cremos que é unha insensatez por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia denegar e retrasar os permisos de instalación dos mesmos, decisión que responde a criterios políticos e non a criterios científicos ou de carácter sanitario.