Pedro De Lorenzo y Macías
Lembranzas dun pobo esquecido. Capítulo sexto
Maruxa A Cabra organiza o transporte das viandas; están tódalas mulleres, fillas e nenos pequenos. O seu carriño vai cargado de viño, pan de millo, chourizos, empanadas, e outras moitas cousas.
Por tódalas corredoiras do Castrove soben os gandeiros, amodiño, silenciosos....; ían xuntando as bestas na vagoada máis alta. Luisón busca ás bestas perdidas, atópaas e síguenlle.
A Escusa está festiva: gaiteiros, fogueteiros, bailadores...., animan a este pequeno pobo da montaña, cheo de frescura, de beleza, de candor.
Chegan de moitos sitios e os nenos entretense montando os cabalos de xeitos elegantes e fabulosos: uns apoian as súas mans nas patas traseiras, brincan e montan; outros fan correr os cabalos e agárranse as crins e úpasen axilmente.
Na capela escoítase os acordes dun harmonio, xa avellentado, xa medio abelaiñado...., máis a súa música é divina: Unha andoriña, festiva e fermosa entrou por la fiestra......; alborota os nenos. Coa bendición, o fogateiro petardea o ceo e sonan as gaitas: É o sinal.
Entran as bestas a galope, ben levadas polos gandeiros; coa destreza engaiólanos nuns grandes foxos, cabados na ladeira do monte, engalanados con grandes leños de piñeiro; as bestas axítanse, agrúpanse unhas coas outras. Os gandeiros afastan as crías das nais, e pónenlle a sua marca.
Despois comenza a trampa. Os mercadores ofrecen, os gandeiros non están de acordo.O final cada un fixo o seu negocio e as bestas vendidas son afastadas.
Xa a donas chaman para xantar e todos séntanse a sombra dos piñeiros e comenzan os contos, as bromas, os namoramentos.
O Gaiteiro sigue festivo e a todo pulmón, ata que a Tola o colle pola gorxa e o senta a xantar.
Luisón está só e alonxado; o seu poldro está comendo e os rapaces sobe e baixan dos cabalos sinxelamente, con naturalidade. Unhas báguas sorden dos seus ollos: el ten que montar desde un muro, desde unha banqueta. A súa perna é renqueante e sente pena.
- Mañán partimos para a Lanzada, xunto á Druida e curaráte.
Penicho upa a Luisón na súa egua e dálle un bico: Luisón pensa que Penicho é o seu pai.
- Penicho, este ano o curro estivo de marabilla; as bestas estaban moi fermosas.... ¿Fixeches moitos cartos?.
- Non estivo nada mal. Máis merqueiche unha cousa.
O seu poldro viña cunha sela de corido novo e gandeiro. Luisón upouse nel e coma un foguete foise por todo o Castrove a mostra-la a súa ledicia, e o poldro ía fachendoso.
Penicho mira o mar; o sol quenta. Este agosto é duro e quente. Mira a Paloma, cóllea pola cintura e sentaa na súa grupa, e vanse. Luisón mira-os de lonxe, sorrí ledo.
(SEGUE).
Pedro de Lorenzo Macías.
Ensayo registrado con todas las imágenes.