Juan José Esperón
Oficios dos veciños: Carpinteiro
CARPINTEIRO : Persoa que ten por oficio traballar a madeira, que fai útiles de madeira.
Na nosa parroquia houbo e hai afamados carpinteiros, homes dunha gran seriedade, profesionais de moito prestixio.
Dentro do oficio de carpintero existiron desde fai anos varias especialidades, primeiro está o carpinteiro de taller, normalmente dedicábase á realización de mesas, cadeiras, bancos, escaleiras, fiestras, portas etc.
Mención separadamente téñena os ebanistas, podemos considerar aos ebanistas como artistas e inventores, xa que esixe ter moita práctica e realizar os trazados adecuados, estar ao tanto nas modas para a realización de mobles cun selo especial, son profesionais que teñen "arte" nas súas mans, dedicábanse a encargos de pezas máis finas, onde había que coidalas e tratalas con moita delicadeza e tacto, así se vía reflectido o seu traballo naquelas camas , mesiñas de noite, armarios, chineiros…todos eles ben cepillados e lustrosos, rematado o traballo relucían do ben que quedaban.
Tamén había carpinteiros torneiros, a súa función era darlle forma ás pezas de madeira no torno, así se poden observar aínda hoxe en día traballos realizados nas patas de mobles, en punteiros, balaústres etc. Logo estaban aqueles carpinteros que eran os que armaban os encofrados de casas, alboios, cubertos etc. Outros dedicabanse máis á realización de carros de vacas, onde había que ter boa maña para facer á perfección os enlaces e suxecións, servíndose de tacos da mesma madeira, outros centrabanse en facer peneiras, bombos, caixas, pandeiros… Tamén había os que lle chamaban entalladores, eran aqueles que esculpían os retablos, imaxes e os asentos e adornos dos coros das catedrais.
E despois estaban os carpinteiros de ribeira, verdadeiros artistas na realización de barcos.
Calquera carpinteiro dispoñía dun banco propio, é dicir da súa mesa de traballo. As súas ferramentas máis esenciais eran : serras, serróns,martelos, berbequís, barrenas, gubias, formóns,cepillos, lixas, regras, escuadras, lapis etc., adoitaban usar a mellor madeira para a realización dos seus traballos, o carballo era o máis común para mobles tipo armarios, comedores, salóns etc., o pino para traballos de obra.
OS CARPINTEIROS DE CERPONZÓNS
Grazas á colaboración dos veciños fomos creando unha lista de carpinteiros que coñecemos ao longo dos anos…
Na nosa parroquia de Cerponzóns sempre houbo grandes carpinteros, o dato máis antigo que teño é do ano 1752, no lugar de Pidre, vivían Benito dá Fonte e Salvador dá Fonte, quizáis estes dous carpinteros tivesen relación cos meus antepasados, xa que en Pidre está unha parte da miña familia por parte da miña avóa, recórdame o meu primo Juan que a súa avóa tenlle falado que o seu pai fora carpinteiro, chamábase Juan Cochón, un gran profesional que se dedicaba principalmente a realizar carros de vacas, tamén era moi bo en montar armacions para as casas, en facer barriles, salgadoiros, artesas, palleiras etc. Utilizaba madeira de carballo e de freixo.
Tamén seguramente por tradición familiar ou ben porque era un traballo con moita demanda, un dos seus fillos, Juan, casado con Dora, foi carpintero e despois tamén o fillo, Pepe Cochón, hoxe en día xubilado.
Manuel Nieto foi un carpinteiro de primeira, o seu traballo como encofrador chegou a oídos de Matias de Cabo, chegando a contactar con él para que fose traballar á empresa, donde estivo muitos anos. Ademáis, o señor Manuel realizaba no seu tempo libre traballos na súa casa da Bouza, unha das súas fillas aínda recorda as camas ben bonitas que tiñan nas súas habitacións, coa cabeceira é a piecera torneadas, do que hoxe e día xa non se ven. Manuel sempre tivo fama de ser un home mui creativo.
Outro carpintero que traballou maiormente na realización de carpintería de obra foi Gerardo Fontán Tilve, coñecido por Lucho de Ventura.
Os veciños seguen pasándome máis nomes de carpinteiros : Tucho, Pepe O Moreno, Santiago Cons, Marcial, o señor Sixto, especialista tamén en facer carros, o señor Sabino, Rogelio O Carrancho, señor Vicente, Elías do Cunchido, Jesus Búa, Herminio…
Tamén houbo un carpinteiro no lugar de O Castrado, o señor Eduardo, coñecido por Ducho, era natural de Campañó e estivo varios anos traballando en Alemania. En xuño fará tres anos que faleceu Eduardo Casas Casalderrey, uns meses antes do seu falecemento recordo estar falando con él e coa súa muller, a señora Camila, moi amablemente mostroume varias das súas tallas de madeira.
Seguro que todos os carpinteiros teñen unha longa historia que contar, por exemplo a de Ducho…
Comezou a traballar aos 14 anos e conforme se formou marchouse a traballar a Burgos e tamén anduvo por Asturias, eran tempos duros e cando quixo regresar a súa casa non tivo máis remedio que vender a súa bicicleta.
Ducho tiña que buscarse a vida, en 1962 foise a traballar durante seis anos a Alemania, estivo de encofrador.
Despois volveu ao seu fogar e quedouse pa sempre, a súa xubilación chegoulle estando traballando con Elías Prado. Xa xubilado comezou a realizar a súa paixón, a de dedicarse a realizar figuras de madeira e algunha tamén de pedra. Tamén aproveitou que o Camiño de Santiago pasaba por diante da súa casa e ofrecíalle aos peregrinos os bastóns e as conchas traballadas por él.
Ducho faleceu no 2018.
José Maquieira tamén foi un gran profesional, recordo verlle facer uns mobles de salón preciosos, cunha creatividade innata, posuía moitos coñecementos á hora de elaborar esbozos e planos, os seus traballos remataban sempre ben pulidos e vernizados, tamén outro ebanista de categoría foi José Benito Fontecoba Villaverde, coñecido por José O Peleiras, calquera traballo que lle pedises el facíacho, quizais fosen, xunto con Ducho, dos mellores ebanistas da parroquia, agora están xa retirados.
Tamén recordar a un veciño que era o avó de Enrique Carro Casas (que comezou tamén a súa vida laboral de carpinteiro), o seu nome José Casas.
Foise para Arxentina, traballando durante moitos anos de carpinteiro,regresou á súa terra a principios do século XX e trouxo con el varias ferramentas que o seu bisneto Quique restaurounas con moitísimo agarimo.
Outro ebanista con mui boas referencias, polo que me contan os veciños, foi Manuel Barreiro Piedras, veciño de A Balé, falecido a unha edade mui temprana, tiña 44 anos.
Barreiro tivo unha época en que era o que cantaba na Igrexa, ademáis foi o que arranxaba o organo antigo que se utilizaba para as misas e actos, restauroulle toda a madeira. Manolo casou en San Salvador de Poio, chegou a ter nove fillos. Cando se instalou en Poio montou alí unha carpintería, ao carón da praía de Lourido, chegou a facer gamelas, pero un cancer de pulmón levouno mui xoven, as súas cenizas repousan no cemiterio de Cerponzóns, xunto aos seus familiares.
Contoume un veciño que ainda recorda ter ata fai pouco unha mesa estensible no comedor da casa da súa avoa que a fixera Barreiro, toda ela tallada e torneada, con patas de can, coma lle decía a súa avoa, era mui fermosa.
Para rematar quero mencionar a dous carpinteros especiais, primeiro ao meu veciño Ramón Fuentes, con él mantiven unha relación especial, en casa dos meus pais era moi querido e era como da familia. Recórdoo de neno desempeñando a función de carpinteiro, aínda parece que é hoxe velo na taberna con José O Peleiras, os dous tiveron unha época que traballaron xuntos na carpintería de Benito, situada na parroquia de Lérez.
Moncho O da Rons ou Moncho O Jaxe, era como se coñecía a Ramón, foi un carpintero de carácter, o traballo tiña que saírlle á perfección, a súa destreza e habilidade téñoa aínda na miña memoria, un dos seus últimos traballos fíxoo na miña casa.
E para rematar está a nova xeneración de carpinteiros, hoxe en día temos a Gonzalo Costas, un gran profesional do ramo que está deixando o seu selo en moitas obras realizadas por toda a provincia de Pontevedra e tamén en Orense.
Gonzalo ao finalizar o ciclo da ESO incorpórase á Formación Profesional Básica, escollendo a Sección de Carpintería. Comezou os seus estudos aprendendo o máis básico, na posta a punto do seu posto de traballo, das ferramentas, maquinaria etc., tivo que saber seleccionar os materiais, efectuar operacións de trazado, corte e mecanización da madeira e derivados. Tamén montar e axustar mobles, realizar operacións auxiliares de transporte, desmontaxe, instalación etc. Tamén tivo que realizar operacións de instalación de parquet, tarima, frisos…adquiriu tamén clases de hábitos de responsabilidade, atención ao cliente, traballo en equipo, desenvolvemento de hábitos e valores acordes coa conservación e sostenibilidade do patrimonio natural, foron dous anos de formación.
Desde as primeiras referencias que teño daqueles carpinteiros do lugar de Pidre ata o día de hoxe pasaron 269 anos, seguro que son muitísimos os veciños da parroquia que desempeñaron o oficio de carpinteiro, e a súa aprendizaxe e formación variou en todos estes anos. Nada ten que ver como se aprendía o oficio naqueles tempos a como se forma hoxe en día un profesional da carpintería, pero todos fixeron o seu traballo con nota.