Xesús López Fernández
O Holocausto sirio
O 29.08.2013 perguntabase José Luís Barreiro, na súa columna de opinión en La Voz de Galicia, pra qué sirve un ataque relámpago, en relación co que xa parece decidido polos EEUU e algús dos países do seu club. A morte por medio de axentes químicos dun grupo de cidadáns daquel país que tanto leva sofrido valería agora de pretexto pra que os useños, especializados en holocaustos, volvesen reiterare algunhas das súas lecciós de historia, ademáis de mostrar quén manda no mundo mundial e saben tamén convertir cruentas guerras civiles en masacres moi tecnificadas, internacionalmente participadas.
Lémbranos Barreiro que os ouxetivos do club [EEUU, Gran Bretaña, Francia] poden verificarse decote en Afganistán, Irak, Exipto, Libia e demáis países que tiveron a desgracia de recibiren a súa axuda.
Ese trío benefactor que vai "salvare" Siria intégrano as naciós citadas, que non foron capaces de acabar con Guantánamo, que incluso miraron con simpatía o golpe de estado de Exipto, que están a punto de entregaren Afganistán ós talibáns; que son os que afundiron o cruceiro Belgrano, cheo de reclutas arxentinos, pra demostrare que o prestixio imperial vale máis que calquer principio; e que, despois de ter provocado a intervención en Libia, aínda non sabe a quén axudou, nen pra qué, nen foi capaz de impedire ou castiga-lo degradante asesinato do dictador ó que tiñan apoiado ó longo de decenios.
Indica tamén o señor Barreiro que deste trío proceden moitas das armas legales e ilegales [incluso o gas sarín] que usan nestos conflictos. E a nengún deles se lles debe unha soa transmisión democrática exitosa e pacífica, que só usan a guerra como tarxeta de presentación. Por eso non hai plan nen proiecto pra Siria, sóo unha feira de mostras de tecnoloxía militar, guerra relámpago da que están pendentes os dictadores, os seus mellores clientes.
Pero hai moito máis no drama sirio. Alí acaban de seren secuestradas duascentas doncelas cristiás que van seren violadas ata a morte. Pero eso non parece preocupe ó club siniestro pró que sí poden vale-las palabras [anque non lles gusten] do Patriarca greco-católico Gregorio III Laham, que acaba de facer un comunicado que reproducimos íntegro:
"Escoitemos ó Papa; neste momento precisamos de estabilade. Escoitemos o chamado do Papa pola paz en Siria. Se os países occidentales queren crear unha verdadeira democracia deben construíla coa reconciliación, co diálogo antre cristiáns e musulmáns, non coas armas. O ataque urdido polos Estados Unidos é un acto criminal, que vai provocare novas víctimas, ademáis dos miles destos anos de guerra. Esto vai provocare que se acabe a confianza do mundo árabe cara o mundo occidental". ÿ o que afirma á Axencia Asia News Gregorio III Laham, patriarca greco-católico de Antioquía, de todo o Oriente, de Alexandría e Xerusalén dos Melequitas. O aviso chega ás poucas horas dos rumores dun ataque inminente dos Estados Unidos en contra de Damasco. A operación conta co apoio doutros países, como Francia, Gran Bretaña, Turquía e a Liga Árabe. E nestos días, o prelado difundeu en tóda-las parroquias de Siria o chamado que pronunciou o pasado 25 de Agosto o Papa Francisco:
"A voz dos cristiáns [afirmou o patriarca] é a do Santo Padre. Neste momento hai que ser pragmáticos. Siria necesita estabilidade e non ten sentido un ataque armado en contra do goberno". O patriarca tamén falou do incremento dos terroristas, de islamistas radicales chegados doutros países e de que incluso son moitos os musulmáns que saben que é no cristianismo onde están os alicerces da democracia no Oriente Medio.