Tribuna Viva
Arente do Chan-Pladever advirte que Augas de Galicia concede unha prórroga encuberta a Naturgy
A asociación A Rente do Chan-Pladever non entende a permisividade coa que se está a tratar á concesionaria infractora, e as dificultades e indecisións de Augas de Galicia para tomar as decisións que a degradación progresiva do río Verdugo está a demandar: 1. Paralización aproveitamento hidroeléctrico; 2. Resolución expediente sancionador que impón a NATURGY unha multa de 5.000 € por non facer caso aos requerimentos de Augas de Galicia; 3. Resolución expediente de extinción da concesión que debería ter caducado en 2017, e que despois de iniciarse a finais de 2018, inda hoxe, 27 meses despois, segue sen resolverse.
Este cúmulo de desatinos fan pensar ao colectivo ecoloxista que as presións por parte da concesionaria, e o interese de Augas de Galicia por reter o uso hidroeléctrico de Ponte Inferno, levan a prolongar os prazos de xeito que NATURGY aumenta os seus beneficios, segue sen ser sancionada, e ademais nada parece indicar que se vaia a marchar deixando as instalacións como se lle ven demandando, a ela e á empresa arrendataria ELECDEY, dende o ano 2007.
Nos explican dende a asociación que a cuestión é que estas obras suporían preto de 1 millón de euros, e a demolición do obstáculo se estima en ao redor de 250.000 euros, polo que NATURGY, que sería a encargada de restaurar o río Verdugo, por imposición legal, ao seu estado orixinal, podería estar interesada na eliminación do obstáculo, porque doutro xeito, debería abandonar o aproveitamento deixandoo nas condicións legalmente establecidas, é dicir, pagando ese millón de euros para executar as obras das melloras ambientais requeridas.
Tamén pensan que o poder que ten NATURGY para pagar avogados e retrasar resolucións que, de tratarse de calquera cidadán ou pequena empresa, resolverianse en brevidade, fai que a administración teña medo a unha demora inda maior, polo que se ve obrigada a pactar. A Rente do Chan, témese unha resolución global aos dous expedientes en marcha, e unha temporización mais aló duns prazos admnistrativos que carecen de valor, como xa se demostrou tanto no expediente de extinción iniciado en decembro de 2018 e inda non resolto, ou no procedemento sancionador iniciado en febreiro de 2019, ao que acaban de presentar recursos de alzada as dúas empresas implicadas (NATURGY e ELECDEY).
A asociación A Rente cre que inda que a resolución do expediente de extinción non pode acabar doutro xeito que paralizando o actual aproveitamento, esta dilatación no tempo obedece a unha prórroga encuberta de 4 anos ata o momento (os fará en abril do presente ano), e á búsqueda dunha argucia legal que lle permita á propia NATURGY, ou outra empresa afín, continuar co aproveitamento. A súa xogada perfecta sería: extínguese a concesión, NATURGY deixa a Central nunhas condicións pactadas para futuros aproveitamentos (melloras reclamadas dende 2007 en procedemento sancionador e logo polos tribunais de xustiza) e nuns meses sácase a concurso a nova concesión, que gana unha empresa afín a NATURGY, que finalmente lle devolve o aproveitamento por medio dun arrendamento. Dende o colectivo están dispostos a pelexar, incluso nos xulgados, contra esta xogada perfecta para NATURGY, que consideran comprometedora para Augas de Galicia e nefasta para o río Verdugo.
Arente do chan-Pladever