Tribuna Viva
Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa 'Combarro', sobre o Ateneo Correidoira
A Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa 'Combarro', diante dos acontecementos que se veñen producindo a partir da reclamación dún particular da casa sede social da asociación Atenéo Corredoira de Combarro quere manifestar o seguinte:
Amosar todo o apoio e recoñecemento a Xunta Directiva, socios e socias desa entidade polo inmenso traballo desenvolvido o longo de tantos anos, sendo todo un referente no Concello de Poio.
Avaliar como negativo o procedemento seguido dende o goberno municipal de Poio, amosando unha incapacidade para asumir a axuda institucional que debería reflectirse trala aprobación en pleno por unanimidade da corporación, e que debería de estar encabezada polo alcalde, e non dar lugar a ese espectáculo circense de equilibristas, invalidando o acordo plenario para dar paso a actividade partidaria, e para mais detalle, protagonizada en primeiro lugar polo goberno, cos tres partidos, para logo dar paso os concelleiros e concelleiras do BNG que forman parte do mesmo nunha sobreactuación en solitario diante dos colectivos de Combarro comos salvadores dunha situación, da que ademáis terían que dar outras explicacións polo ningunéo constante da entidade Ateneo Corredoira.
A casa en cuestión, para súa consolidación o servizo da veciñanza necesita que todolos colectivos de Combarro e do Concello de Poio teñan como referencia o Ateneo Corredoira (non vale outra, e moito menos desviar a atención) e se deposite nel a confianza da representatividade, e o Goberno Municipal que asuma a unanimidade plenaria, faga todalas xestións necesarias diante das institucións e da reclamación de titularidade, e informe dos pasos e resultados.
Dende a AVCR Combarro, solicitamos que remate dunha vez por todas esa forma de proceder, e se traballe mais polo bén común.
Valentín Silva Pérez, presidente da AVCR Combarro