Tribuna Viva
Denuncia de discriminación de menores nos cribados con proxenitores sen tarxeta do SERGAS
Ante a actual campaña de cribados voluntarios nos colexios, deseñados por esta consellería para a realización de probas de saliva nas oficinas de farmacia da Coruña e Pontevedra, dirixidos a menores de entre 12 e 17 anos de idade, trasladamos a problemática existente en relación coa discriminación que se está a producir pola non realización de ditas probas de cribado a aqueles menores cuxos proxenitores non teñen tarxeta sanitaria do Sergas. Dentro do colectivo xudicial hai, polo tanto, moitos menores cuxos proxenitores teñen como prestación sanitaria unha entidade privada a través dun concerto de prestación de servizos xestionado pola Mutualidade Xeral Xudicial. Esta mesma problemática estase a producir tamén na realización de probas PCR naqueles casos con contactos positivos, tanto dos menores implicados, como dos propios proxenitores; situación esta que xa foi denunciada a esa consellería por parte de esta central sindical.
Por todo iso solicitamos que os citados cribados dos menores se poidan realizar sen ter en conta a pertenza ou non ao Sergas e se estenda a todas as implicadas/os, co obxecto de evitar así posibles discriminacións ante a realización ou non de ditas probas dentro do mesmo colectivo.
Xosé Barreiro Pérez
Delegado Sindical Pontevedra - CIG-XUSTIZA