Marta Rodríguez Engroba
A desvirtuación do xornalismo e da loita contra a violencia de xénero ten un nome: Carlota Corredera
Como xa comentei en semanas precedentes, cando comezou a anunciarse a docuserie na que a Sra. Carrasco ía debullar, capítulo a capítulo, o que, segundo manifesta, foi un longo calvario de anos no que estivo a ser cruelmente maltratada polo seu ex marido, algo no que, de novo reitero, non vou a entrar, e que sería, posteriormente comentado e debatido por unha serie de colaboradores e profesionais de diferentes eidos que, polo menos para unha tempada, atoparon a galiña dos ovos de ouro, en Si, hai saída xa nos temíamos por onde ían ir os tiros, e, evidentemente, quixemos corroboralo, porque se algo nos preocupa e do que estamos moi pendentes é de como se trata a violencia de xénero nos medios de comunicación, como non podería ser menos por mor do noso traballo coas vítimas.
Lamentablemente, non puidemos mais que confirmar os nosos temores, e, por non entrar de novo en detalles que xa mencionei en días precedentes, abonda con dicir que moitas das cousas que se escoitan semana tras semana serían para tomar medidas, e moi serias......se interesara, que non é o caso, porque o negocio é o primeiro.
Pero o mellor, ou tal vez debería dicir o mellor ata agora, porque está claro que o espectáculo e os protagonistas se superan de semana en semana, así que rectifico, o mellor ata agora, estaba por chegar, e veu da man da Sra. Carlota Corredera, xornalista, seica, pero que, na miña humilde opinión, está a deixar a tan digna profesión, que con tantos e tan bos profesionais que se esforzan cada día por dar o mellor de si e ofrecernos unha información rigorosa e contrastada, conta, a altura do betume.
Vaia por diante que, desde que este "show" mediático comezou, a Sra. Corredera, cuxo cometido é, se supón, moderar o debate, o cal implicaría, porén, limitarse a isto, a moderar, mantendo unha postura neutral e obxectiva, amosou desde o primeiro momento o seu posicionamento a favor da protagonista, lanzando críticas sen piedade a quen ousaba amosar a mais mínima dúbida ou discrepancia, nun claro exercicio de manipulación, e que, na miña opinión, profana, por suposto, xa que non son xornalista, contravén claramente unha correcta praxe do se traballo, deixando, ademais, patente, unha escasa ética profesional.
Pero a apoteose do seu mais que cuestionable xeito de exercer o xornalismo, e que supoño que provocaría que, se algún dos moitos serios e auténticos profesionais tivo ocasión de presenciar e escoitar, se lle puxeran os pelos de punta, produciuse o pasado Mércores, 28 de Abril.
A Sra. Carlota Corredera abriu o programa lanzando unha serie de arengas nas que, con xesto e ton de voz prepotente, soberbio, e claramente desafiante, acusaba, nada mais nin nada menos, que de NEGACIONISTAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO a calquera que non crera a versión da Sra. Rocío Carrasco, nun evidente, intento, como xa dixen, de manipulación, e de condicionar as opinións non soamente dos colaboradores, se non tamén dos telespectadores, chegando a comparar as daqueles que puideran non crer a historia da Sra. Carrasco co racismo e coa homofobia, aos que acusou, así mesmo, de levala ao colapso.
Por se isto non abondara, cando se referiu a uns minutos que, segundo manifestou, se eliminaran do relato no que se narraba a agresión da que foi obxecto Rocío Carrasco por parte da súa filla, pola súa dureza e por protexer, supostamente, a rapaza, caendo no mais noxento amarelismo e contradicindo, ademais, o manifestado anteriormente, repetiu reiteradamente:
"É necesario escoitar cantas veces lle golpeou a cabeza contra o chan, é necesario?".
Nos, pola nosa banda, lle preguntamos a ela:
"É necesario que se exprese, que se comporte Vd. dun xeito tan miserento, tan morboso?".
Non é a primeira vez que se comporta e se expresa de tal modo, polo que, desde Si, hai saída nos gustaría recordarlle que o feito de ser xornalista, colectivo ao que transmitimos todo o noso respecto e, ao cal, insistimos, fraco favor lle fai, non a converte en especialista en violencia de xénero, algo que semella ignorar e que demostra co seu comportamento claramente daniño,
É, por outra banda, intolerable o manifesto desprezo que amosa polo dereito que todos temos a pensar e opinar libremente, resultando especialmente rechamante o seu evidente intento de manipulación nun programa no que se está, presuntamente, e segundo os participantes nel, sentando un fito na loita contra a violencia de xénero, cando precisamente a manipulación é algo que está sempre presente nela.
Non menos grave é o enorme prexuízo que personaxes como a Sra. Corredera lle fan a auténtica loita contra a violencia de xénero, a que converte nun lamentable espectáculo, contribuíndo, lonxe de a fomentala, a desvirtuala e a que lle recordamos, ademais, que ela non ten autoridade ningunha para elevar a ninguén a categoría de referente, como está a facer.
Tampouco podemos deixar de suliñar a gravidade do feito de que, entre os colaboradores que participan no programa, hai algúns pertencentes a diversos eidos profesionais, directamente relacionados coa violencia de xénero, que deberían, non soamente non compartir, se non rexeitar abertamente comportamentos como o da Sra. Corredera, pero, unha vez mais, os intereses se impoñen, disfrazados, eso si, de concienciación, unha "concienciación" que vai provocar que a súa proxección profesional e mediática se van ver notablemente aumentadas, polo menos de momento, e digo de momento porque non perdemos a esperanza de que, mais tarde ou mais cedo, a razón acabará por impoñerse.
Enormemente lamentable, e temerario, polo alcance que, nos guste ou non, o programa está a ter, este espectáculo, nunha semana, ademais, na que tivemos que lamentar un novo asasinato machista, o octavo no que vai de ano, pero isto é, polo que se ve, irrelevante para a Sra. Corredera, un evidente e lamentable exemplo da desvirtuación da loita contra a violencia de xénero e do auténtico xornalismo.
Asociación Si, hai saída