Tribuna Viva
Tala e venda indiscriminada na comunidade de Montes de Verducido
D. Severino Fontán Sanmartín, veciño do lugar de O Gabián en Verducido de Xeve, ante o seguimento persoal pola venda e tala no monte de Verducido, feita pola comunidade de montes.
DENUNCIA en representación de un grupo de veciños afectados e non lucrados.
Que hai uns 3 meses se fixo unha tala en varias zonas do monte de Verducido, de unhs 30 km lineais aproximadamente.
De dita tala é venda a comunidade de montes só declarou os camions de madeira que se levaron a fabrica.
Ao marxe, e sin declarar, este veciño ten constancia de máis de 20 tractores de madeira que se levaron para "certas casas particulares" afíns ao presidente deste comunidade, Marcos Rey Pazos.
Cremos que esta madeira para uso particular transportada por madeiras TINO, foi destinada para a calefacción e uso doméstico, destes veciños afíns á directiva da comunidade de montes.
Calculamos que a madeira substraída sen declarar pode supoñer uns 120 m3, eucalipto na súa maior parte.
Feitas as seguintes pesquisas e comunicación por escrito ao Sr. Presidente da comunidade de montes solo obtivemos a calada por resposta, polo que antes de emprender accións xudiciais, recurrimos aos medios de comunicación como forma máis efectiva para que esta comunidade de montes responda a este grupo de veciños aos que represento.
Severino Fontán Sanmartín
En representación dos veciños afectados de Verducido de Xeve.