Pedro J. Peón Estévez
Irei á Marcha contra Ence, si ou si!
Mal que lhe pese á grea de "xuntaletras" mercenarios de Casal e Colmenares, récua de lelosútiles, peloteiros e demais galbáns bandulhosagradecidos que, con catro días que levan parasitando a pé ría entre Marín e Pontevedra, xa se cren máis papistas que o mesmo Papa. Repito, mal que lhe pese a tanta burricaxe, irei á marcha contra ence SI OU SI. Polos meus avós e as sua terra, na que os meus pais ergueron unha casinha con mil esforzos e privacións no máis duro da posguerra. Por eles, os meus pais, aos que a celulosa fodeu a vida vendo as terras (nosas) de labor que con tanto sacrificio conseguiran, devaluadas ata a miseria grazas á celulosa. Por nós, polo noso pan quetivemos que buscar na emigración e non no "motor" de Pontevedra, como se autodefinen. Polos nosos filhos, a súa saúde e o seu pan que procuraron nos estudos e na emigración. Se algún deles é funcionario, é por méritos propios. Como son filhos de obreiros, non tiveron enchufes nin privilexios; todo o que son conseguírono de seu e mentres os celulos " xuntaletras" se inchaban a cubatas, eles deixaban as pestanas no estudo e percorrian Europa, Espanha e Galiza procurando vida. E aí seguen: emigrados oíndo ós colonos berrar polas rúas na procura de pan para os seus filhos. Será ese mesmo pan que nos arrincaron da boca a todos nós e, endefinitiva, a toda a xente de Lourizán ?. Polas humildes xentes do mar que foron duramente represaliadas pola dictadura franquista no banco marisqueiro, verdadeira fonte de vida para Lourizán e non ningunha "Biofóbica" envelenada e colonialista. Polos nosos netos que van cos seus pais por Espanha adiante tras do seu pan, ese mesmo que os colonos reclaman a berros polas rúas da cidade como se fose un dereito divino; un maná: " ¡venga a nós, venga a nós!".
Por todos nós, por todos eles, irei á marcha si ou si, manque chova, que vente ou que neve. Aínda que o mar reborde por encima da "autovía", cousa que fai cada pouco e que sempre fixo. Aínda que aquel "gloria in excelsis deo" que noutrora penduraron na entrada do "poblado", me caia sobre a cabeza. Aínda que os pepeiros se revolvan nas poltronas do conselho de administración e os Rueca e FeijHook da xunta se alporicen: A ría sempre foi NOSA e non de celulosas !! (Nin do pepé)
Mira ti por onde, eu "xuntei unhas letras" e amanhei unha velha canción infantil. para cantar perante a marcha:
Esa velha factoría ía, ía, ó
Ímola chimpar da ría ía, ía, ó
PECHE XÁ, XÁ, XA XA XÁ !!!