Tribuna Viva
Listas de contratación de persoal laboral de ordenanzas
O pesadelo de todos os membros que conformamos esta lista comezou co anuncio por parte da Xunta da funcionarización, a través dunha resolución do 7 de febreiro de 2020, pola que se convocaba un proceso selectivo para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira para diversas categorías, entre elas a de ordenanzas. Cousa que sucedeu en outubro de 2020.
O 1 de xullo de 2021 chega a funcionarización das listas, pero parece que os sindicatos asinantes e a Xunta esquecéronse de nós.
Iso si, prometéronnos e prometen abrir a listas de subalternos para que podamos traballar. Feito que a día de hoxe aínda non sucedeu.
Mentres os ordenanzas atopámonos na casa esperando a que se decidan a darnos unha solución.
Alguén se esqueceu que pagamos unhas taxas, igual que os subalternos, as cales nos proporcionaron uns dereitos, do mesmo xeito que o fixo o froito do noso traballo; que temos dereito a participar nesas vacacións, vacantes, baixas,… que están a cubrir os subalternos, en postos que antes o eran por ordenanzas ou viceversa.
Coa unificación dos centros de Política Social, de Educación,… hai traballo para os dous grupos.
Só pedimos que nos dean unha solución para que se poida seguir traballando igual que sempre.
Nuria Bermúdez