Lina Garrido
Crítica do PSOE de Cerdedo-Cotobade ao acto do inicio de curso político do PP
Os/as socialistas de Cerdedo-Cotobade denunciamos publicamente que mentres a hostalería do noso concello vese obrigada a reducir aforos e a cumprir estritas normas ao ter entrado o municipio no nivel alto de restricións, o Partido Popular organiza unha festa-romaría política "por todo lo alto" na Carballeira de San Xusto.
O alcalde, que pon ao Partido Popular, o seu partido, por diante da seguridade sanitaria da veciñanza de Cerdedo-Cotobade, escúsase dicindo que reducirán o aforo de 2.000 a "só" 600 persoas, pero iso non opaca o feito de que o Comité Clínico da Xunta de Galicia valorou que, diante da alta incidencia da Covid-19 no noso concello, quedamos clasificados no nivel alto de restricións, "pero está claro que feita a lei, feita a trampa".
Aproveitando que o presidente (da Xunta, pero neste caso na súa calidade de presidente do PP galego) Núñez Feijoo vai estar no noso concello o domingo, nun escenario máxico, idílico, pero sobre todo rural, os/ socialistas de Cerdedo-Cotobade instamos ao alcalde a que lle amose a realidade do rural do municipio. Non é o mismo vir de visita que vivir a cotío.
Sería bó que Jorge Cubela acercase ao señor Feijoo aos centros de saúde, que nos últimos anos sufriron os seus recortes en pediatría, matronas, enfermería, falta de médicos para cubrir vacacións, permisos, falta de sala de espera no centro de saúde de Carballedo, ausencia do servizo de ambulancia, etc, etc..
Tamén sería bó que percorrese paseniño a totalidade do concello para decatarse do dano que o seu íntimo amigo Juan Carlos Escotet fixo en Cerdedo-Cotobade ao pechar a sucursal bancaria de Carballedo. A maioría dos habitantes deste concello, ao igual que de outros concellos rurais, non están acostumados ao uso de tarxetas, nin caixeiros, nin banca electrónica, nin teñen facilidades, nin medios de transporte para desplazarse a outras oficinas próximas. E os establecementos, eses que din que miman tanto, son outra vez os grandes perxudicados e tamén están a sufrir as consecuencias.
Sería bó tamén que paseara o presidente da Xunta polas disitntas parroquias do concello, parándose naquelas que carecen de alcantarillado, que son moitas, que teñen problemas de abastecemento ou potabilidade das augas, que teñen unha deficiente conexión a Internet.
Seria bo tamén que se acercase a Rebordelo, a Quireza, Borela, Corredoira, Pedre, zonas, todas elas susceptibles da ubicación de parques eólicos e, ao mellor entendía que non é suficiente informar negativamente daqueles PE que se atopan fora de ADE senón que é preciso, urxente e inaplazable actualizar o Plan Sectorial eólico de Galicia para adaptalo á actualidade .Os socialistas entendemos que o desenvolvemento das renovables debe respetar o territorio, a natureza, o noso patrimonio cultural e debe ser consensuado coa cidadanía .
Os socialistas de Cerdedo-Cotobade instamos ao máximo mandatario da Xunta de Galicia para que a súa visita ao noso concello sexa produtiva e non só propagandística. E para todas estas visitas que lle propoñemos, non é necesario aplicar restricións de aforo. Basta con que poña a máscara.