Marisa Lozano Fuego
O meu soño favorito
Adoro ter soños. Ata aquí normal, é algo supoño partillado por moita xente, o noso cerebro fabrica na noitiña material onírico de diversas clases. Erótico festivo, terrorífico, poético, aventureiro…están aquel cheo de Natureza e o outro empapado de tenrura, o que ten presentes cataratas e árbores frutais e o que conta coa man agarimosa daqueles avós que xa marcharon vai tempo e voltan en dimensión soño a secarno-las bágoas de diario.
Esquecíao, quizais algún soñei con fortuna, coma o tío Xilito mergullándose nunha montaña dourada e descendendo polas moedas cal tobogán, ou Midas. De todo hai, segundo as prioridades. Hai tamén quen soña en branco e negro, por exemplo os cans e gatos, ou aquel gostoso do cine clásico e as esceas de Fellini. Hai tamén quen soña Arco Íris, con tódolas cores do espectro e a beleza de todas elas.
Tódolos soños, no terreo da fantasía, son factibles e plausibles, dende convertirse en millonario da noite á mañá ata volverse un batracio sen máis preocupacións que dar saltos na charca idónea, todo ten licencia; dende un bico de cine nos beizos ata un fraterno nas meixelas, nada posúe freno, nin unha paleta dende o violeta ata o laranxa , nin a existencia de OVNIS ou seres doutra dimensión.
Que extraordinario territorio o dos soños, podemos navegar no subconsciente , que diría Freud, se tivéramos o dispositivo quen de analizar non as ondas delta cerebrais, ou os picos de soño REM , senón o propio material narrativo e infinito que se produce durante estos, cando os nosos ollos producen un movemente rápido e imperceptible, e fiamos realidade e fantasía coma se o fixéramos con fío e agulla.
Que camino tan elegante, escarpado e perigosos o que desfai esta maraña de despropósitos nocturnos que son os soños.
Por ende, existen outros soños. Os que fragua o consciente, a tratamos de poner en práctica.
Soñar con superarse día a día, ou triunfar no terreo profesional, se dedique unha persoa a dar clases ou a facer pan, ou sachar fincas. O triunfo é a satisfacción do deber cumprido, e que os nosos estén satisfeitos.
Soñar con atopar a esa persoa especial que da senso ás noites e días, telo moi preto, acurrucados nesa burbulla de entendemento e aperta que nos protexe da escuridade externa.
Soñar con superar esta crise, e que un día poidamos desfacernos da profilaxe facial, gloriosa masa humana que se conduce a pelo pola rúa, porque a amenaza do virus xa pasou e xa non temos que protexernos más que da choiva e do orballo.
Soñar con avanzar un día máis , un pé diante doutro e o sorriso posto, nunha sociedad chea de taras, pero disposta ó diálogo e á paz. Paz entre razas, etnias , paz entre colectivos e países, paz nos miolos e no corazón.
Estes soños non se dan específicamente de noite, e tampouco resultan estrambóticos, nen tan imposibles. Fai falta un pequeño gran esforzo do consciente, e tamén son por elo difíciles de lograr. O factor azar ou sorte inflúe tamén un pouquiño. O outro setenta por cento é traballo persoal, metas avanzando e dedos dispostos a tender pontes e a tomar da vida non a parte sinxela e sempre grata, senón a meritoria, a complexa, isa que conleva esforzo e valor.
Ambas clases de soños podemos te-los humáns, os inconscientes serven para liberarnos, os conscientes para construirnos. A veces, conflúen nun só soño.
A especie humana precisa de todos, por esto de que a nosa psique é complexa, mais necesita moito que os segundos poñan pés ós primeiros, se estes son xermolo dunha positividade latente. Así que concluíndo, se tés un soño preconsciente ou inconsciente que supón dalgunha maneira unha mellora na túa calidade de vida, sea psicolóxica, persoal ou profesional, ponlle patiñas, fe e actos. Como o paso do neno a adolescente e logo a adulto, en ocasiones precisamos saltos activos para superar etapas vitais.
Se algún dos teus soños inconscientes reflicte algo grande, serve para face-lo ben e ten trazas de realidade, adiante.
Ningún camiño se labrou sen esa primeira pegada e ninguna utopía volveuse feito sen esforzo.
Cal é o teu soño favorito?
Persoalmente o meu é aquel que o soñador, a soñadora, loita por facer realidade.