Tribuna Viva
Educación vial para o alumnado do colexio Sequelo
Dende a Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) AIDON queremos elaborar un programa de Educación Vial para os nosos alumnos composto por varios puntos.
- Solicitamos á Policía Local de Marín ai mpartición de cursos de seguridade vial, en colaboración coa Dirección General de Tráfico, aos alumnos do CEP Sequelo.
- Solicitamos ao Concelleiro de Tráfico, Policía Local e Movilidade a creación de camiños escolares seguros.
- Solicitamos á Concelleira de Educación a instalación de aparcadoiros para bicis no interior do CEP Sequelo, para evitar furtos ou desperfectos nas bicicletas dos nosos alumnos.
OBXECTIVOS:
Seguridade
Crear unha rede de itinerarios seguros e cambiar hábitos de desplazamento camiñando, ou en bicicleta ou en transporte público.
Sostibilidade
Reducir o número de vehículos a motor que trasladan aos nenos ao colexio, aminorando o exceso de emisións contaminantes e o ruido, actuando en favor da mellora do medio ambiente, a recuperación do espacio público e a seguridade vial infantil.
Saúde
Promover a movilidade activa,ó camiñar e pedalexar, favorecendo o desenrolo de unha actividade física cotidiana e hábitos de vida saudable, con menos obesidade e mellor saúde.
Autonomía
Fomentar que os nenos recuperen a rúa e vaian sós ou en compañía dos seus amigos ao colexio. Deste xeito favorecerase a autoestima, a socialización e o proceso de aprendizaxe por medio da interacción e a cooperación.
Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) AIDON