Tribuna Viva
A hostalería reclama traballar ao 100% en caso de que se retome a esixencia do Pasaporte Covid
Os hostaleiros de Santiago que presentaron o pasado mes de agosto un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra a Orde do 22 de xullo da Xunta que establecía medidas que afectaban ao sector, e que fora apoiado por un total de 16 asociacións aglutinadas en torno a Hostalería Federada Galega (HOSFEGA) e a Plataforma Galega en Defensa da Hostalería, consideran sobre o ditame feito público hoxe polo Tribunal Supremo que:
- É unha sentenza que non está avalada por unanimidade, dado que existe un voto particular que cuestiona firmemente os argumentos da propia sentenza, polo que aínda non sendo cuestionable desde o punto de vista xudicial, non está exenta dunha interpretación na liña do que o TSXG dictou no seu momento.
- Recolle a necesaria obrigatoriedade de aval xudicial para a súa legalidade, cuestión que a Xunta no seu día non practicou, e isto provoca que durante tres semanas se nos estivera obrigando a executar unha medida ilegal.
- Recolle a posibilidade de poder ser aplicada naqueles territorios (concellos) cun nivel de incidencia medio-alto ou alto, co que nas actuais circunstancias non ten sentido a súa aplicación.
- Desde o sector nunca nos opuxemos á súa aplicación, sempre que fora de maneira legal, cuestión que aclara o Tribunal Supremo: non o era ao carecer da correspondente autorización xudicial.
- Ao igual que no resto de Europa, onde está en práctica esta medida, ten que necesariamente traducirse nunha permisividade de poder traballar no 100% dos nosos límites de capacidade e horarios.
Firmado:
Lois Lopes (A Nave de Vidán SL)
Sergio Fernández (Antealtares Compostela SL)
David Dopazo (Noavero SL)
Lucía Vázquez (Bar Bicoca)