Antón Roel Villanueva
No abrente da outonía
Imos un ano máis un fato de homes e mulleres e, sobre todo de nenos e nenas que son o futuro, implicados na conservaciòn da narureza e limpeza dos ríos, na xornada de limpeza simultánea de medio ambente na campaña Mollate polos Ríos conbocados pola asociacion Vaipolorio que son o sol que acariña o Gafos, o río que en si é un poemario. Tamén, como noutros anos acompáñanos os mozos e mozas entusiastas da Fundacion Xoan XXIII, guiados pola coordinadora que fai un traballo exemplar Susana Pérez López. É digno de admiración o entusiasmo que poñen na tarefa de limpar o río ,cando se destribúe o traballo. Eles son os primeiros que se ofrecen ao traballo máis difícil que é mergullarse cos bateadores no río, labor non exenta de risco.
O aire arracende a humidade, o vento abanea os maizais, xa se albisca nos sinais que ofrece a natureza a retirada do verán e a chegada do outono. As árbores mudan de cor e as primeiras follas caen paseniñamente, preludio dun suicidio colectivo, ao chan creando unha alfombra de cores amarelo, verde, vermello e ocres; o paraiso dos pintores impresionistas se que aínda saen a pintar ao campo como facían antaño. Alegroume e sorprendeume moito, pois xa facía tempo que non vía a ninguén pintar fóra dun estudo, unha imaxe do pintor Antonio López cun cabalete pintando dese xeito nunha praza en Madrid.
Xa no chan atópanse os primeiros ourizos das castañas que se mesturan coas follas primeirizas suicidas e as landras dos carballos, que Carla de Vaipolorio vai apañando e cun pau vai espichando no chan para que un día agromen e súmanse ás árbores que dan sombriza na carballeira de Manuel Maria que agora, co mural que pintaron ao seu caròn, loce mais fermosa, cunha fouce rozando unhas siiveiras. Nunha ponla dunha árbore atopamos vixiante un Paporrubio atento que non lle fósemos estragar o seu niño, xa a natureza ofrécenos os primeiros froitos e comenzan a agromar os saborosos cogomelos.
Cargados coas bolsas cheas de lixo no retorno a baleirar nos contedores atopamos un valado, que puxeran de protección, tirado no rií que a alguén sen conciencia pendurou. Parabéns tamén para a asociación o Quilombo, que tamén eles saíron limpar o regato de Valdecorvos, que tamén teñen dereito a ser limpados. Dicía a nosa Rosalia de Castro cos regatos pequenos son os ríos grandes das xentes que viven ao seu carón.
Voltamos da xornada de limpeza do río un pouco máis esperanzados, pois poidemos comprobar que xa se liberou un tramo do río dos Gafos a carón da estación de autobuses. Oxalá que axiña poidamos limpar todo o río xa descuberto e cheo de luz e de vida. E que cante o merlo.