Pedro J. Peón Estévez
Ence no Porto de Marín?
Moi logo se cumplirán vinte anos daquela viaxe inaugural da locomotora Mikado arrastando un tren cun cargamento de senhoritos a bordo. Vinte anos da foto dos principais promotores do enxendro acomodados nunha mesa presidida por Fraga a bordo do comboio. Fóra, o povo de Lourizán coa moral aos pés e o corazón encolhido.
Ano e pico antes celebrabamos unha de tantas reunións da Plataforma Defensora da Praza. Como queira que a información nos facilitaban os promotores do ferrocarril era escasa e enganhosa, nós tratabamos de adevinhar que había detrás de todo aquilo, a quen beneficiaba realmente aquel proxecto. Alguén dixo que o tren só era un senhuelo, unha cortina de fume e o seu verdadeiro obxectivo era eliminar de vagar a praza, a igrexa, o colexio e o lugar de O Cabo que eran os últimos atrancos que lhe impedían á celulosa xuntarse co Porto nun maxistral pelotazo ! A idea era tan absurda que provocou unha gargalhada xeral. No medio do balbordo, unha mulher tomou a palabra e dixo con gravidade: " NON LHES DEADES IDEAS "
Dun tempo a esta parte diríase que o máis puro histrionismo impera en Galicia. Histriónicos de distinta pelaxe pero parelhas inténcións van espalhando argumentos surrealistas sen ningún pudor. Argumentos todos encaminhados a perpetrar, per sécula seculorum, esa morea de óxido fumegante que chaman celulosa en Lourizán, sen considerar que entre esa mailo porto vive e trabalha xente, seres humanos, persoas que, ademais, son lexítimos donos do terreo que pisan.
Histriónicos tipo Pedrosa en calquera da suas personalidades: como intrépido activista anti-ence, con pancarta e todo. Como leguleio interpretador de sentencias ou como técnico de fantásticas adscricións. Relémbrame a Telmo Martín no esceario con pinganilho, proxector, guión e verborrea pseudotécnica desnhando boulevares e outras ordenacións do terrirorio.
Pero, por incríble que pareza, Pedrosa non está só. Histriónicos de diversa índole vanlhe ó rebufo. Senhores ós que se lhe supón un mínimo de sentidinho. Velaí Feijó, Roda, Tinín o de Marín, Rafaneta (o defenestrado), S. Canal ou mesmo o non grato Emepunto quen, como o Guadiana, aparece e desaparece asegún convenha. A propia celulosa, que xa intentou de todo por saltarse as leis, amárrase a este postulado como a un cravo ardendo. Pero non é a primeira vez que a celulosa recorre a este tipo de argalhadas.
Poi si, todos estes próceres (a quen se lhe supón un tanto estudados) vanlhe detrás a Pedrosa, coma unha fileira de párvulos repetindo o que el di por atolado que sexa. Lembran aquilo da " innecesariedade ", vocablo enrevesado onde os haxa, que vinha a dicir que os terreos que okupan deixaran de ser públicos e pasaran a ser ropiedade da empresa así polas boas ?. Iso houbera sido motivo abondo para correlos a gorrazos pero a sociedade, habituada a estes desatinos, fixo caso omiso. E o choio aquel de "supramunicipalidade" de Fraga ? Esa tamén foi boa, e aínda segue vixente.
O caso é que o que foi só unha broma da Plataforma dos Praceres ( coido que figura na copla do maio que armamos hai vinteún anos) está a ser considerado unha alternativa, unha máis para perpetrar o enxendro. Que vai a ser isto entón? Vexamos: o recheo ilegal do porto unido ó tren ilegal (os pasos a nivel ilegais seguen aí) unido á ilegal celulosa e así como hai Costa do Sol, Costa Brava ou Costa Branca, nós teremos a Costa Ilegal entre Marín e Pontevedra...que bonito !
É esta unha xogarreta política de quen rexeita toda politización (agás do pepé) Xa o espuxen nunha ocasión. Non é máis que un caso de simbiose política, é dicir: "ti, pepé axúdasme a burlar a lei e eu, celulosa, líbrote de Lores" Salta á vista e cada vez máis. Esa é a explicación do que está a acontecer, a única lóxica e crible.
Coido que este asunto non é máis que unha saída á deseperada da celulosa e os seus conseguidores políticos, que estivo ben como broma pero que non merece maior atención e, como dicía o gran Farruco: Fin de la cita.
Pedro J. Peón Estévez