Tribuna Viva
O Centro Social dos Campos bota a andar
Nos proxlmos dias todos os membros da Asociación de Veciños O Carballo dos Campos serán convocados á presentación do novo Local Social e das primeiras actividades e obradoiros que a devandita asociación ten previsto poñer en marcha nas vindeiras sernanas.
A proposta de actividades, entre outras, as seguintes: xirnnasia de mantemento, obradoiro para fortalecer a memoria, curso de manexo de teléfono móbil, curso de ioga e Taichi, curso de poda de árbores e obradoiro de cociña.
A dirección da asociación leva un tempo traballando e preparando esta ampla oferta de actividades co desexo de acadar unha boa acollida por parte dos seus asociados e asociadas, que sexa do seu agrado e de resposta as súas necesidades e inquedanzas.
Por fin chegou o momento tan esperado polos veciños e veciñas dos Campos.
Está a piques de arrancar unha nova e apaixonante etapa na que, sen dúbida algunha, o mais importante é a participación de cada un dos seus membros.
Agora toca empezar a desfrutar da desexada e ansiada "case normalidade".
Boa andadura Asociación de Veciños O Carballo!
Asociación de Veciños O Carballo