Tribuna Viva
Inauguración do Marco de Perre
SOBRE OS LUGARES HABITADOS DA PARROQUIA
Corría o ano 1997 cando o cura da parroquia D. Manuel Miguez, q.e.p.d., comezaba a publicar na Voz do Rons a historia da parroquia de Cerponzóns.
Unha gran labor de investigación a que fixo durante anos e que nos quedou de herdanza, o mellor que puido habernos deixado.
Nun dos capítulos que foi publicando comentaba dos nomes dos lugares da parroquia, moitos deles prácticamente desaparecidos da nosa contorna.
Dicía D. Manuel :
No pasado os Libros Parroquiales afacían nomear máis nomes que na actualidade. Hoxe téndese a englobar os pequenos lugares baixo denominacions máis amplas.
É posible que co tempo moitos destes nomes esquézanse e desaparezan da memoria do pobo . Pódese facer o experimento seguinte : que os lectores traten de recordar cantos destes nomes coñecen e a súa situación actual . Debo advertir que aínda que algúns destes lugares están hoxe despoblados, todos menciónanse nos Libros Parroquiales como habitados.
OS ESQUECIDOS :
A CACHADA VELLA—A CAÑOTA—A CHAN DO MONTE—A CRUCIÑA DE PONTE BEÁN—A PONTE BEÁN—
A PONTE POMAR—BIGAIXO—CACHADIÑA—CAMPO—
CASA NOVA DE LIBOREI—CASÁS DE MEÁN—
CASTELO DE CERPONZÓNS—CERNADELO—IGREXA—
LAXE DE BASCUAS—LIVIÁNS—MENDO—MOGOS—
MOUCHOS DE MEÁN—O CIMBELO—O TARAL—
PORRELO—POZO DE MEÁN—RÍO DA BARCA— SANTARANDÁN— SOUTELO DE MEÁN— SOUTELO DO BRAVO—
OS QUE SE USAN ACTUALMENTE :
O CASTRADO…LIBOREI…SAN CAETANO…BALEA…A FONTEIRIÑA…PIDRE…O VIGARIO…O BRAVO…A COSTA…MEÁN…A BOUZA…TILVE…A RONS…A ERMIDA…O CUNCHIDO…
Son en total 42.
PROTEXER A MEMORIA DOS LUGARES HABITADOS DA PARROQUIA
Co paso do tempo unha gran maioría dos nomes de lugares da Parroquia de Cerponzóns englobaronse en denominacións máis amplas, debido a iso moitos dos nomes dos lugares vanse esquecendo e co paso dos anos pérdense por sempre da memoria do pobo.
Desde a Asc. de Veciños O Chedeiro temos a intención é a obrigación de que o noso Patrimonio Cultural debemos defendelo e gardalo como un tesouro, en moitas ocasións témolo ao alcance da man é a súa existencia a descoñecemos totalmente.
A nosa iniciativa pola defensa do Patrimonio Cultural da Parroquia de Cerponzóns comezou fai uns anos, os resultados vanse vendo aos poucos ( Instalacións de dous cruceiros, realización de un Documental, un libro sobre a historia da parroquia, diversas charlas impartidas durante a celebración do milenio, colocación de unha replica do Miliario de Magencio, colocación de un Fito informativo ao carón do Miliario, colaboración coa Concellería de Turismo no proxecto relacionado co Camiño Portugués, denominado O Camiño Contado...)
Estamos seguros que para protexer un Patrimonio é necesario primeiro de nada coñecelo, así foi como coa gran aportación que nos deixou D. Manuel é tras varios anos de investigación, atopamos os datos que estabamos buscando, agora é o momento de dar a coñecer unha nova parte da nosa historia, para que dunha vez por todas non caia progresivamente no esquecemento, como moitos outros valores patrimoniales que foron desaparecendo.
Na nosa parroquia milenaria temos tanto patrimonio histórico, arqueolóxico, cultural, arquitectónico...que moitas veces as administracións non poden facerse cargo da súa recuperación por falta de recursos ou de interese.
Pero esta vez tivemos a colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo, da man da Concellala Yoya Blanco, grazas ao seu interés pola nosa proposta, para que os nosos topónimos non caian no esquecemento e poidan recuperarse para que formen parte do noso Patrimonio Cultural.
Un apaixonante proxecto, que comenzou fai dous anos da man do canteiro Manuel Collazo Torres.
Queremos tamén dar as grazas ao Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra, pola colaboración que tivemos na recuperación exacta dos antigos nomes dos lugares da parroquia.
A Asociación decidiu nomear ésta obra escultórica coma o MARCO DE PERRE.
Nota : Según a RAG :
FITO ou MARCO : Pedra cravada no chan para sinalar os lindes dun terreo, ou á beira dunha estrada para indicar lugares e distancias.
Os fitos dunha propiedade.
Momento ou feito de importancia.
ASC. DE VECIÑOS O CHEDEIRO DE CERPONZÓNS