Gonzalo Sancho
A migración da bolboreta Vanessa atalanta
Avisaron de Biodiversidad Virtual para que socios e simpatizantes fixeramos fotografías da bolboreta Vanessa atalanta. Recoller e gardar datos desta fermosa bolboreta da familia Nymphalidae que neste tempo de outono está de viaxe migratorio.
Os ninfálidos aletexan e planan alternativamente, igual que o fan moitas aves. É de supoñer que aproveitando os ventos favorables poidan facer longas viaxes. ....E saberán distinguir os ventos ascentes das borrascas atlánticas para subir cara a Europa na primavera.? E logo tomar os ventos anticiclónicos en sentido inverso para regresar a África no outono.? Eu penso que si, instintivamente. Igual que os cans saben con antelación cando vai chegar un tsunami e fuxen cara a zonas máis elevadas. As aves peláxicas non esperan a que se formen as galernas para virse a terra.
Procedentes do Norte e Centro de Europa, estos días de bo tempo, é doado velas Vanesas voando polos nosos campos, camiño de África; parando, como é loxico, a descansar e repoñer forzas.
Nas nacentes do río Gafos hay unha figueira que ten os derradeiros figos da temporada. Os froitos están abertos e xa non son ansiados polos donos da figueira, camiñantes, nin aves do ceo. Somentes algúns insectos que buscan ese punto de xarope que fainos irresistibles para eles.
Cargado coa cámara de fotos, enseguida reparéi en que na figueira, había moitos insectos que tiñan querencia polo arbusto. Entre outros, a pendenciera velutina que ansiosa de liorta botaba da figueira a todo bicho voante. A Vanessa atalanta tamén tiña que fuxir das acometidas da vespa asiática. Mais a base de inistir algo metía no papo.
Logréi facer unha foto da nosa bolboreta zugando o mel dos figos máis que maduros. Distínguese ben a espiritrompa, das patas dianteiras. Co valor nutritivo que teñen os figos, folgos para seguir a viaxe non van faltarlle.
Hai que saber un pouco de bolboretas para apreciar de que especie se trata a da fotografía.
As instantáneas nacionais de Biodiversidad Virtual non son para presentar a concursos fotográficos. Son para inmortalizar os hábitos das especies, aproveitalos para a ciencia e ofrecelos ao
coñecemento de todo aquel que queira consultalo.
Mentres as nacentes dos ríos sigan dando auga, haberá vida no ecosistema do Gafos.
Gonzalo Sancho Blanco
14 de Outubro do 2021