Jesús Martínez Epifanio
Vacínenme, por favor
¿Onde está a tan querida transparencia?. Son moito mais notables as ausencias, as ocultacións por omisión ou dolo. Prívannos dunha información que están obrigados a subministrar, secuestran un dereito – ó da información – que é unha das mellores vacinas para corruptos, corruptelas, e corrupción.
Un medicamento, a información, que evita e mitiga a infección dunha corrupción sistémica.
Eu reclamo a miña vacina. Que ó explique a cidadanía quen teña que explicalo. De ser posible, e xa postos a pedir, que o expliquen aqueles que din que "todo vai ben", "que estamos economicamente saneados", etc... etc...
Vacínenme, por favor, señores do Partido Popular.
Asdo: Jesús Javier Martínez Epifanio