Tribuna Viva
Rexeitan os macromuíños eólicos no Morrazo
A Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro e a Asociación Ecoloxista de Bueu, Anduxia comunicámolo seguinte:
Opoñemosnos totalmente ao proxecto de instalación de 11 macromuíños eólicos que a empresa ACS quere instalar nos montes do Morrazo, polas seguintes razóns:
- Non se trata de enerxía "limpa" como nos queren facer pensar, senón que para a instalación destes novos muiños xigantes (que superan os 100 m de altura sen contar as pás) é necesario construír unhas vías de acceso enormes (cada muiño necesita unha explanada de instalación equivalente a un campo de fútbol ) que destrozarían totalmente a paisaxe dos montes do Morrazo.
- A enerxía que se produce non é local, e dicir, non é para os pobos da zona sexan sustentables senón que vai a rede xeral . O usuario seguirá pagando prezos desorbitados pola enerxía eléctrica o tempo que se destrúe a súa paixase.
- As pás tamén son enormes e danan o paso de aves a vez que fan un ruído continuo moi molesto.
- Afectan aos acuíferos: fontes, ríos, traídas, etc.
- Non xeran postos de traballo xa que funcionan de modo automático e os beneficios van para unha empresa multinacional.
- Diminúen claramente o valor turístico da nosa comarca.
Finalmente queremos felicitar a Asociación de Propietarios de Monte de Morrazo (APMM) por opoñerse a esta iniciativa debido seu impacto medioambiental.