Tribuna Viva
A Plataforma "Asieolicosnon": o 29 de xaneiro, xuntos á Xunta
A plataforma "asieolicosnon” valora moi positivamente a concentración que tivo lugar hoxe diante do concello de Cerdedo-Cotobade.
A pesar da climatoloxía, máis de 400 persoas acudiron a dicir NON ao PE dos Cotos, na concentración participaron varias asociación como "Alarma Terra de Montes”,”ADEGA” e ”Chan da Rotea” .
Membros da Plataforma "Asieolicosnon” repartiron molinillos con mensaxes reivindicativos e lanzaron mensaxes que os participantes corearon como "NON NON NON ASI EÓLICOS NON”,”NON AS LIÑAS DE ALTA TENSIÓN”,” SEN MOBILIZACIÓN NON HAI SOLUCIÓN” OU "FEIJÓO ESCOITA, COTOBADE ESTÁ EN LOITA”. Tamén fixeron mención a que isto non vai de enfrontamentos entre partidos pero sen dúbida é un tema político, porque os políticos que a cidadanía votou para que xestionen os diferentes concellos, teñen a obriga de facer unha loita real para evitar esta invasión eólica.
A plataforma aproveitou a oportunidade para anunciar a próxima mobilización que terá lugar o 29 de xaneiro diante da delegación da Xunta en Pontevedra, entidade que está a tramitar este parque en vía de urxencia, o cal limita o tempo para presentar alegacións a metade, dificultando así a entrega masiva das mesmas.
Dende a plataforma "asieolicosnon” , queren conseguir unha concentración multitudinaria e invitan a todas as corporacións municipais, asociacións, comunidades de montes e veciñanza a acudir masivamente. Aínda que hoxe se fixo unha invitación xeral, farase chegar por escrito e polas vías adecuadas a todas as corporacións municipais ás que lle afecta a invasión de parques eólicos proxectados na zona. A mobilización é unha peza clave para a desestimación do parque, obxetivo final ao que aspiran e queren acadar.
Plataforma "Asieolicosnon"